AQUÍ ESTAMOS DE NOVO, CHIRIBITEIR@S!
IMOS DARLLE Á LINGUA, NO BO SENTIDO DA PALABRA, CLARO! EMPEZAMOS...
Nos contos de fadas as bruxas sempre levan uns sombreiros negros ridículos e traxes negros, e montan en
vasoiras.
vasoiras.
Mais este non é un conto de fadas. Este é tocante ás BRUXAS VERDADEIRAS.
O máis importante que debes saber sobre as BRUXAS VERDADEIRAS é isto. Escoita con moito coidado. Non esquezas xamais o que vén de seguido.
As BRUXAS VERDADEIRAS visten traxes normais e seméllanse moito ás mulleres normais. Viven en casas normais e fan TRABALLOS NORMAIS.
É por iso que é tan difícil pillalas.
Unha BRUXA VERDADEIRA odia aos nenos cun odio candente e fervente que é máis candente e máis fervente ca ningún odio que ti poidas imaxinar.
Unha BRUXA VERDADEIRA gasta todo o seu tempo tecendo plans para desfacerse dos nenos do seu territorio particular. A súa paixón é suprimilos, un a un. É no que pensa ao longo do de todo o día . Mesmo se está traballando de caixeira nun supermercado, ou escribindo cartas no ordenador para un home de negocios, ou paseando nun coche de luxo ( e ela pode estar a facer calquera destas cousas), a súa mente estará sempre tecendo e maquinando, bulindo e rebulindo, zunindo e zumbando con homicidas e sanguinarios pensamentos.
“ Cal neno”, di ela para si todo o día, “ exactamente cal neno escollerei para o meu próximo golpe?”.
Unha BRUXA VERDADEIRA sente o mesmo pracer eliminando un neno que ti sentes comendo unha pratada de amorodos con nata.
Ela conta con desfacerse dun neno á semana. Calquera cousa menos que iso pona furiosa: un neno á semana fan 52 ao ano.
Esmagalos, machucalos e facelos DESAPARECER. ESTE É O LEMA DE TODAS AS BRUXAS.
A unha bruxa nunca a colllen. Non esquezas que ten maxia nos dedos e un poder de maldade danzándolle no sangue. Pode facer que as pedras salten como as ras e que as linguas de lume oscilen sobre a superficie da auga. Estes poderes máxicos son espantosos.
Por sorte, non hai un gran número de bruxas no mundo de hoxe. Pero aínda hai abondo para poñerte nervioso ou nerviosa. En Gran Bretaña, probablemente hai unhas cen en total. Algúns países teñen máis, outros non teñen tantas. Ningún país do mundo está completamente libre das BRUXAS.
Un vampiro ou un trasno, ambolos dous son perigosos. Mais ningún deles é a metade de perigoso ca unha BRUXA VERDADEIRA.
No tocante aos nenos unha BRUXA VERDADEIRA é con moito a máis perigosa de tódalas criaturas que viven na terra. O que a fai dobremente perigosa é o feito de que non semella perigosa. Mesmo cando saibas tódolos segredos, nunca poderás ter a seguranza de se o que estas vendo é unha bruxa ou unha agradable señora. Se un tigre poidese facerse pasar por un gran can cun abaneante rabo, probablemente te erguerías a acariñalo na cachola. Ése sería o fin para ti. O mesmo acontece coas bruxas. Todas semellan agradables señoras.
“AS BRUXAS” Roald Dalhl
Ed. Xerais - Xabarín
1.- Resume, coas túas palabras e por escrito, o texto que acabas de ler. Engade ao resumo a túa opinión persoal. O resumo e a opinión persoal non poden ter menos de tres parágrafos, coa puntuación necesaria e coidando a ortografía e a presentación.
2.- Inventa un final para o texto con tres parágrafos máis. Cada parágrafo constará de cinco liñas.
3.- Se estiveches ben atento, seguro que te decataches de que o texto non posúe título. Ponlle o título que consideres máis axeitado.
4.- No texto anterior aparece a palabra casa. Imos traballar o vocabulario da vivenda. Escribe ao lado de cada frecha a parte da casa á que fai referencia: adega, cuarto, faiado, salón, corredor, cociña, recibidor e cuarto de baño.
5.- Di en que estancias da casa se realizan as seguintes accións:
durmir: fritir: peitearse: bañarse:
ferver: recibir: cocer: ler:
6.- Escribe o nome do obxecto que serve para:
a) colocar revistas d)colocar as chaves
b) poñer flores e) pousar o paraugas
c) abrir o portal dende a vivenda f) tender a roupa
7.-Clasifica os mobles seguintes, segundo se indica: sofá, armario, hamaca, lacena, liteira, tallo, berce, banco, alzadeiro, baúl, leito, cadeira, butaca, cunqueiro, aparador.
- PARA SENTARPARA GARDAR COUSASPARA DURMIR
8.- Resolve este encrucillado que xira arredor de diferentes tipos de mobles, algúns deles están no exercicio anterior.
9.- Busca no dicionario o significado de pratada e constrúe unha frase onde a empregues.
10.- Identifica, por escrito, as dez diferenzas entre estes dous debuxos.
Cando rematedes os exercicios, enviádeos ao noso correo. Moito ánimo!






Hola,queria dicir que o exercicio 3 esta mal,porque si que hai un titulo ao final de todo que pon"AS BRUXAS"Roald Dalhl.Que fago?,poñolle un titulo a parte do que xa ten verdade?
ResponderEliminarOla, "As bruxas" é o título do libro ao que pertence este fragmento. No exercicio 3 hai que inventar un título para este anaco.
EliminarUn saúdo.
vale,moitas grazas e bicosss
ResponderEliminar