Mostrando entradas con la etiqueta Competencia dixital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencia dixital. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de mayo de 2020


COMO VAI TODO, CHIRIBITEIR@S?

Esperemos que moi ben, así que... imos co traballo preparado para esta sesión de hoxe.


1. Empezamos corrixindo os exercicios do luns:


SOLUCIONARIO TAREFA 18 DE MAIO



1.- Resposta libre

2.- Resposta libre

3.- Resposta libre

4.-




5.-                durmir: cuarto         fritir :  cociña           peitearse:  cuarto de baño        bañarse: c. de baño

                     ferver: cociña         recibir: recibidor       cocer:  cociña                           ler :salón



6.-

                   a) colocar revistas  revisteiro                                               d) colocar as chaves  chaveiro
                   b) poñer flores  floreiro                                                        e) pousar paraugas  paraugueiro
                   c) abrir o portal dende a vivenda  porteiro automático        f) tender a roupa   tendal


7.-

PARA SENTAR
PARA GARDAR COUSAS
PARA DURMIR
sofá, cadeira, tallo,banco, butaca

armario, alzadeiro, lacena, cunqueiro, baúl, aparador
liteira, berce, leito, hamaca


8.-


9.- Resposta aberta.


10.-Diferenzas:
  1. No debuxo A a escumadeira, o cazo e o cullerón teñen o mango azul, no B téñeno verde.
  2. No debuxo A hai un sacarrollas, no B un relador.
  3. No debuxo A a xerra de auga está case baleira, no B está case chea.
  4. No debuxo A hai dez pratos chan amoreados, no B son oito.
  5. No debuxo A hai unha cunca de café, de cor laranxa, no B é azul celeste.
  6. No debuxo A hai un abrelatas pechado, no B está aberto.
  7. No debuxo A hai catro coitelos, no B hai cinco.
  8. No debuxo A o azucreito ten unha culleriña, no B non a ten.
  9. No debuxo A hai tres vasos boca arriba, no B un deles está boca abaixo.
  10. No debuxo A os panos de man teñen lunares verdes, no B son castaños.
2. Seguimos traballando a competencia dixital, para iso imos facer varias actividades.
  • Facer foto do autómata. Se non o fixéstedes podedes sacar outra foto a algo que vos apeteza, sede creativos.
  • Pasar a foto  ao ordenador dende dispositivo móbil.
  • Insertar unha imaxe nun documento de texto (neste caso a vosa foto do autómata no documento da narración que fixestes días atrás. Evidentemente, se non fixéstedes autómata insertades a foto que vos gusta á narración do mércores).

O primeiro apartado é un regalo porque facer unha foto sabedes todos polo tanto, imos directamente ao segundo apartado. Unha imaxe pode ser gardada no ordenador de varios xeitos diferentes, pero o máis adecuado para vós é a través do cable USB.

Para pasar as fotos empregando o cable que utilizamos para cargar é un chisco complicado porque varía segundo o dispositivo móbil e o ordenador de cada quen, pero..... seguro  que  temos algún valente que se atreve, non si ? Os pasos son os seguintes:

    Paso 1 Quitamos a parte de enchufe de corrente. Deste xeito quedaranos dous portos USB, un grande para conectar ao ordenador e un pequeno para conectar ao móbil.
    Paso 2 Conectamos USB grande no ordenador e USB pequeno no móbil.
    Paso 3  Premer no logo de windows, que está na esquina inferior esquerda.
    Paso 4 Escribir fotos en inicio para que apareza a aplicación fotos no menú de inicio.
    Paso 5 Premer en fotosEstá na parte superior do menú de inicio. Nesta icona vense coma uns picos de montaña nun fondo de cor. Vaise abrir a aplicación fotos.
    Paso 6 Premer en importar, que está na parte superior dereita da ventá de fotos.
    Paso 7 Premer en: outro dispositivo. Este enlace está ao lado dereito da ventá.
    Paso 8 Esperar a que o ordenador atope as vosas fotos. O ordenador vai buscar todo o que teña conectado como memoria USB e o teléfono, pero pode que tarde un chisco. ESPERA.
    Paso 9 Seleccionar as fotos que queres enviar. Únicamente fai clic nas que desexes enviar.
    Paso 10 Premer en continuarque está na parte de abaixo da ventá.
    Paso 11 Premer en importarque está na parte de abaixo da ventá. Se fixestes todo ben, as fotos empezarán a enviarse ao ordenador.

INSERTAR UNHA IMAXE NUN DOCUMENTO DE TEXTO.

Se destes pasado as imaxes ao ordenador o único que falta e insertar a foto do autómata ou do que vos apeteza, se non fixéstedes o autómata, no documento de texto. Esta operación é moi sinxela. Pasos a seguir:


  1. Abrir o documento no que queirades insertar a foto e minimizalo tocando no signo menos ou botón verde como se indica na imaxe. 


  1. Ir ao arquivo onde esta a imaxe - botón dereito – copiar.




Ir ao documento de texto, poñer o cursor onde queirades a imaxe -botón dereito - pegar. E xa vos aparece no texto.


As imaxes teñen uns tiradores (cadradiños azuis que se ven na imaxe) para desprazala, ensanchala á dereita, á esquerda, cara abaixo, cara arriba. Só tedes que pinchar nun tirador e ir probando. Facelo con maior ou menor destreza é cuestión de práctica.



Pois agora que temos o texto e a imaxe o que tedes que facer é ENVIÁR O DOCUMENTO AO NOSO CORREO ELECTRÓNICO.



Pode que algún de vós non dea pasado a foto ao ordenador e non poida facer a tarefa. Iso non é problema.

Para os que non destes pasado a foto ao ordenador tedes que ENVIAR O TEXTO E A IMAXE EN DOUS DOCUMENTOS ADXUNTOS.


ENVIAR UN CORREO DE GMAIL CON DOCUMENTO ADXUNTO

Este apartado é para aqueles pais/nais ou titores legais que non teñades unha conta de correo electrónico. Se xa tedes correo AÍNDA QUE NON SEXA GMAIL, pasade ao seguinte punto.


PARA AS/OS PAIS/NAIS OU TITORES LEGAIS DO NOSO ALUMNADO!!! 

Conseguir un correo de Gmail e empezar a utilizalo é moi doado. Podedes descargar a aplicación no móbil ou crear unha conta dende o ordenador.

  • Para descargar app no móbli, teclear en Google: correo Gmail e xa vos aparece a opción de instalar e descargar en verde.
  • Para os que queirades crear unha conta en Google, ver imaxes.

Logo de completar estes datos vaivos mandar realizar unhas accións como copiar uns números e letras, todo moi sinxelo, e xa tedes a vosa conta.



Para enviar un correo de gmail (SEMPRE NA PRESENZA DE VOSAS/OS PAIS/NAIS OU TITORES LEGAIS, PORQUE VOS NON ACADASTES AÍNDA A IDADE MÍNIMA PARA TER UN CORREO DE GMAIL!!!) tedes que facer o seguinte.

  • Abrir GMAIL
  • Dámoslle a + se é o móbil ou redactar se é no ordenador. Vainos aparecer este recadro:



  • Fixádevos ben no clip, porque aí temos que premer para ADXUNTAR ARQUIVOS.
  • Ao premer vai saír….. e enchemos o diálogo
  • Eliximos arquivo ou documento que queiramos adxuntar.
  • Esperemos a que cargue.Podemos adxuntar un, dous, tres...non moitos máis porque se non o correo faise moi pesado para enviar.

Cando estea cargado o documento a adxuntar, dámoslle a enviar e LISTO!!!

IMPORTANTE, cubride o apartado ASUNTO cun "título" do que enviades. Por exemplo "NARRACIÓN AUTÓMATA". 

SE TEDES CALQUERA OUTRA DÚBIDA, NON TEDES MÁIS QUE CONTACTAR CON NÓS, AS TITORAS. GRAZAS!!!









































TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...