E AQUÍ CHEGAMOS Á DERRADEIRA ACTIVIDADE DESTE CURSO TAN PECULIAR. MAÑÁ COLGAREMOS O SOLUCIONARIO DE TAREFAS QUE FIXÉSTEDES EN DÍAS PASADOS.
TAMÉN MAÑÁ VENRES ÁS 13:00 HORAS TEREMOS UNHA ÚLTIMA VIDEOCONFERENCIA, CADA CLASE COA SÚA TITORA. NA ENTRADA DE MAÑÁ RECORDARÉMOSVOS O EN LACE PARA ENTRAR.
Frase do día: “ A educación é a arma máis poderosa que podemos empregar para cambiar o mundo”Nelson Mandela.
SUBIMOS UN CHISQUIÑO MÁIS...
Á UNIÓN EUROPEA (UE).
Martín ten pensado facer unha viaxe a Eurodisney (París) este verán (se o COVID 19 llo permite) porque a situación de alerta sanitaria que padecemos impedíullela nas vacacións de Semana Santa. Para levar a cabo esta viaxe, precisa saber a documenación que lle vai facer falta. Os seus compañeiros de 6º comentáronlle que pode desprazarse co DNI, se o país que vai visitar (Francia) pertence ao espazo Schengen, polo tando axudade a Martín a resolver estas cuestións para que a súa viaxe sexa todo un éxito.

a) Colorea neste mapa de Europa os países que compoñen a Unión Europea (UE).
b) Averigua cales son os fins e obxectivos da UE.
d) Explica que beneficios cres que lle pode supoñer a Martín formar parte da UE, tanto a día de hoxe como nun futuro: nivel persoal, formativo,laboral e de ocio (por suposto).
e) Saber que é o espazo Schengen e que países o compoñen.
g) Coñecer a documentación básica necesaria para os desprazamentos por Europa, tanto no caso de menores como de maiores de idade.
Para que poidas levar a cabo mellor as actividades anteriormente propostas. Velaquí un exercicio que é unha auténtica pista.
1. Contesta verdadeiro (V) ou falso (F) nas frases seguintes e razoa a túa resposta.
- Os seis estados europeos primeiros foron: Francia,España, Belxica, Luxemburgo, Italia e Países Baixos.
- A partir do 01/01/1.999 o euro pasou a ser moeda única en Europa.
- A unión europea está formada por 27 países.
- O que se pretende é que a cidadanía europea non circule libremente polos estados que a forman.





No hay comentarios:
Publicar un comentario