viernes, 12 de junio de 2020


BO DÍA A TOD@S!

AVISO PARA SEXTO B !!!

Non vos esquezades de que hoxe ás 13:00 h temos videoconferencia coas profesoras do IES Pedro Floriani.  Velaquí os datos para a conexión.

Descrición: UNIRSE A REUNIÓN DE WEBEX

https://eduxunta.webex.com/meet/vanessabarciela

Número de reunión (código de acceso): 841 807 764

INTENTADE CONECTARVOS DEZ MINUTOS ANTES, PARA QUE ESTEAMOS TODOS PUNTUAIS. ESPERO QUE NON TEÑADES PROBLEMAS COA CONEXIÓN, DE NON SER ASÍ, POÑÉDEVOS EN CONTACTO COMIGO, POR FAVOR. 

ANTES DE PASAR A OUTRAS TAREFAS, PREPARAMOS UN CHISCO A REUNIÓN.


  • FALAMOS SÓ CANDO NOS TOQUE A QUENDA DE PALABRA:  DESPACIÑO E CLARO.

  • PROCURAMOS NON MOVERNOS DEMASIADO NO ASENTO, MIRAMOS AO 
    FRONTE E, CANDO NOS TOQUE FALAR, NON NOS ESQUECEREMOS DUN
    SORRISO.

  • PARA PRESENTARNOS DIREMOS  O  NOSO  NOME E APELIDOS, TAMÉN PODEMOS DICIR UNHA CUALIDADE NOSA POSITIVA E UNHA META QUE NOS GUSTARÍA CONSEGUIR NO NOSO PASO POLA ESO.

  • FINALMENTE, TEREMOS A MAN UN GUIÓN DE DÚBIDAS E INQUIETUDES
    QUE SE NOS PRESENTAN PARA O VINDEIRO CURSO ( as preguntas que 
    vos mandamos preparar)

TAREFA PARA HOXE: "SUPERRETO DE LINGUA GALEGA"

Fixádevos ben no texto e nas preguntas. Tedes ata mañá para entregar a tarefa. MOITO ÁNIMO!

O CARNÉ XOVE



Que é o carné xove?

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto de comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous incluídos. A vixencia é de dous anos a partir da data de expedición, e en ningún caso se poden superar os 30 anos, incluídos.

Como facelo?

Cubrir un impreso de solicitude no que acreditas a túa identidade co DNI  ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.

Onde utilizalo? Finalidades e vantaxes.

O seu obxectivo é facilitarlles aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino etc

As persoas posuidoras do carné xove teñen un seguro de balde que cobre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para lles facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

Participa nos sorteos do carné xove!

Se es titular do carné xove, podes participar nos sorteos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


1. O texto que acabas de ler...
A. ...proporciona indicacións para solicitar o DNI ou carné xove.
B. ... informa sobre os inconvenientes de obter o carné xove.
C. ... proporciona información sobre o carné xove.
D. ... dá instruccións para cubrir o impreso de solicitude do carné xove.

2. Contesta se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:
- Para solicitar o carné xove é imprecindible ter DNI ou pasaporte.
- O carné xove é de balde.
- O carné xove conta cun servizo de asistencia en viaxe.
- En Galicia só existen 4 puntos emisores do carné xove.

3. As persoas posuidoras do carné xove poden gozar dos descontos e vantaxes en todos os países...

4. O carné xove ten una vixencia desde a data da súa expedición...
A. ... anual.
B. ... bianual.
C. ... de 12 a 30 anos.
D. ... permanente.

5. Elixe a opción correcta. Para obter o carné xove é necesario...
A. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter máis de 12 anos.
B. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter entre 12 e 30 anos.
C. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e non superar os 30 anos.
D. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter menos de 12 e de 30 anos.

6. DNI é...
A. ... unha frase feita.
B. ... un antónimo.
C. ... unha sigla.
D. ... un estranxeirismo.

7. Imaxina que vas realizar unha viaxe por Europa e ca tes 12 anos. O carné xove é importante porque...
A. ... permite viaxar dun país a outro gratuitamente.
B. ... substitúe o Dni e o pasaporte.
C. ... permite pagar o aloxamento e o transporte.
D. ... permite obter descontos en determinados establecementos e servizos.

8. Por que se chama carné xove?


VIÑETAS SEN TEXTO PARA ESCRIBIR HISTORIAS

Agora tes que escribir unha historia a partir das viñetas que aparecen a continuación.
Sigue as instrucións para que che resulte máis fácil.




Fíxate ben nas viñetas. Narran unha historia que terás que escribir.
Pero antes pensa:
- Quen son os protagonistas destas viñetas?
- Como é o seu aspecto?
- Cal é a expresión do rostro dos personaxes?
- Onde sucede esta historia?
- Imaxina un motivo para a primeira viñeta: para que cociñou, cando cociñou,...

Para escribir a historia, sigue estes pasos:
1. Empeza indicando o lugar onde acontece a historia. Podes inventar un nome para cada personaxe.
2. Conta a historia en momentos ben ordenados de acordo coa  seguinte secuencia:
- Primeiro...
- A continuación...
- Finalmente...
3. Escribe un diálogo entre os dous protagonistas.
4. Ponlle un título á historia.

Agora redacta a historia.


Non esquezas coidar a ortografía e os signos de puntuación.

DEMOSTRA TODO O QUE LEVAS APRENDIDO ESTES ANOS!

Cando remates revisa o que escribiches e responde a estas preguntas cun SI ou NON.

A. Ao ler o texto queda claro o que ocorre nas imaxes?

B. Cambiarías algo do que escribiches?

C. Viches algunha falta de ortografía ao revisar o que escribiches?

D. O texto está separado en parágrafos?

E. Escribiches con boa letra e de forma limpa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...