Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Repaso.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Repaso.. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020


BO DÍA A TOD@S!

AVISO PARA SEXTO B !!!

Non vos esquezades de que hoxe ás 13:00 h temos videoconferencia coas profesoras do IES Pedro Floriani.  Velaquí os datos para a conexión.

Descrición: UNIRSE A REUNIÓN DE WEBEX

https://eduxunta.webex.com/meet/vanessabarciela

Número de reunión (código de acceso): 841 807 764

INTENTADE CONECTARVOS DEZ MINUTOS ANTES, PARA QUE ESTEAMOS TODOS PUNTUAIS. ESPERO QUE NON TEÑADES PROBLEMAS COA CONEXIÓN, DE NON SER ASÍ, POÑÉDEVOS EN CONTACTO COMIGO, POR FAVOR. 

ANTES DE PASAR A OUTRAS TAREFAS, PREPARAMOS UN CHISCO A REUNIÓN.


  • FALAMOS SÓ CANDO NOS TOQUE A QUENDA DE PALABRA:  DESPACIÑO E CLARO.

  • PROCURAMOS NON MOVERNOS DEMASIADO NO ASENTO, MIRAMOS AO 
    FRONTE E, CANDO NOS TOQUE FALAR, NON NOS ESQUECEREMOS DUN
    SORRISO.

  • PARA PRESENTARNOS DIREMOS  O  NOSO  NOME E APELIDOS, TAMÉN PODEMOS DICIR UNHA CUALIDADE NOSA POSITIVA E UNHA META QUE NOS GUSTARÍA CONSEGUIR NO NOSO PASO POLA ESO.

  • FINALMENTE, TEREMOS A MAN UN GUIÓN DE DÚBIDAS E INQUIETUDES
    QUE SE NOS PRESENTAN PARA O VINDEIRO CURSO ( as preguntas que 
    vos mandamos preparar)

TAREFA PARA HOXE: "SUPERRETO DE LINGUA GALEGA"

Fixádevos ben no texto e nas preguntas. Tedes ata mañá para entregar a tarefa. MOITO ÁNIMO!

O CARNÉ XOVE



Que é o carné xove?

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto de comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous incluídos. A vixencia é de dous anos a partir da data de expedición, e en ningún caso se poden superar os 30 anos, incluídos.

Como facelo?

Cubrir un impreso de solicitude no que acreditas a túa identidade co DNI  ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.

Onde utilizalo? Finalidades e vantaxes.

O seu obxectivo é facilitarlles aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino etc

As persoas posuidoras do carné xove teñen un seguro de balde que cobre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para lles facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

Participa nos sorteos do carné xove!

Se es titular do carné xove, podes participar nos sorteos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


1. O texto que acabas de ler...
A. ...proporciona indicacións para solicitar o DNI ou carné xove.
B. ... informa sobre os inconvenientes de obter o carné xove.
C. ... proporciona información sobre o carné xove.
D. ... dá instruccións para cubrir o impreso de solicitude do carné xove.

2. Contesta se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:
- Para solicitar o carné xove é imprecindible ter DNI ou pasaporte.
- O carné xove é de balde.
- O carné xove conta cun servizo de asistencia en viaxe.
- En Galicia só existen 4 puntos emisores do carné xove.

3. As persoas posuidoras do carné xove poden gozar dos descontos e vantaxes en todos os países...

4. O carné xove ten una vixencia desde a data da súa expedición...
A. ... anual.
B. ... bianual.
C. ... de 12 a 30 anos.
D. ... permanente.

5. Elixe a opción correcta. Para obter o carné xove é necesario...
A. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter máis de 12 anos.
B. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter entre 12 e 30 anos.
C. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e non superar os 30 anos.
D. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter menos de 12 e de 30 anos.

6. DNI é...
A. ... unha frase feita.
B. ... un antónimo.
C. ... unha sigla.
D. ... un estranxeirismo.

7. Imaxina que vas realizar unha viaxe por Europa e ca tes 12 anos. O carné xove é importante porque...
A. ... permite viaxar dun país a outro gratuitamente.
B. ... substitúe o Dni e o pasaporte.
C. ... permite pagar o aloxamento e o transporte.
D. ... permite obter descontos en determinados establecementos e servizos.

8. Por que se chama carné xove?


VIÑETAS SEN TEXTO PARA ESCRIBIR HISTORIAS

Agora tes que escribir unha historia a partir das viñetas que aparecen a continuación.
Sigue as instrucións para que che resulte máis fácil.




Fíxate ben nas viñetas. Narran unha historia que terás que escribir.
Pero antes pensa:
- Quen son os protagonistas destas viñetas?
- Como é o seu aspecto?
- Cal é a expresión do rostro dos personaxes?
- Onde sucede esta historia?
- Imaxina un motivo para a primeira viñeta: para que cociñou, cando cociñou,...

Para escribir a historia, sigue estes pasos:
1. Empeza indicando o lugar onde acontece a historia. Podes inventar un nome para cada personaxe.
2. Conta a historia en momentos ben ordenados de acordo coa  seguinte secuencia:
- Primeiro...
- A continuación...
- Finalmente...
3. Escribe un diálogo entre os dous protagonistas.
4. Ponlle un título á historia.

Agora redacta a historia.


Non esquezas coidar a ortografía e os signos de puntuación.

DEMOSTRA TODO O QUE LEVAS APRENDIDO ESTES ANOS!

Cando remates revisa o que escribiches e responde a estas preguntas cun SI ou NON.

A. Ao ler o texto queda claro o que ocorre nas imaxes?

B. Cambiarías algo do que escribiches?

C. Viches algunha falta de ortografía ao revisar o que escribiches?

D. O texto está separado en parágrafos?

E. Escribiches con boa letra e de forma limpa?

domingo, 7 de junio de 2020

TAREFA 8 DE XUÑO.



UN DÍA MENOS DESTA CONTA ATRÁS, CHIRIBITEIR@S!

E CONTINUAMOS COA LECTURA DAS BRUXAS...


FÓRMULA 86.FACEDOR DE RATOS DE ACCIÓN RETARDADA


Os nenos son noxentos!- berrou a gran bruxa- Licuidarrrémolos a todos!Farrrrémolos desaparrrecerrr da fas da terrra! Botarrrémolos polo desacue!

_ Sí, si!- corearon as bruxas inglesas-. Son folgazáns e sucios!

_ Os nenos son sucios e fedorrrentos!-berrou a Gran Bruxa.

_ Sí, si- entou o público-. Liquidarémolos! Farémolos desaparecer da terra! Botarémolos polo desaugue!

Os nenos xeirrran a cacada de can!- berrou a Gran Bruxa-. A cacada de can xeirrra a violetas e rrrosas comparrradas cos nenos!

_ Os nenos son folcasáns e sucios!-voceou a Gran Bruxa.

_ Sucios e fedorentos!- berraron elas.

_ Violetas e rosas!-cantou o público. Aplaudían e aclamaban case cada palabra dita dende a tarima . A oradora semellaba telas totalmente enfeitizadas.

_ Falarrr de nenos dáme cana de vomitarrr!-berrou a Gran Bruxa-. Só pensar neles dame cana de vomitarrr! Ídeme buscarrr unha palancana!

Os nenos xeirrran a cacada de can!- berrou a Gran Bruxa-. A cacada de can xeirrra a violetas e rrrosas comparrradas cos nenos!

A gran bruxa detívose e mirou feramente á masa de caras do público. Agardaban, desexando máis.

_ Así cue ocorrra . . . bradou a Gran Bruxa-. Acorrra teño un plan! Teño un plan xigantesco parrra desfacerrrme de todos os nenos de Inclaterrra!

As bruxas quedaron coas bocas abertas. Volvéronse e miráronse unhas as outras con macabros acenos de emoción.

(. . . )

_ Cada unha de vós regrrresarrra á súa cidade inmediatamente e dimitirrra do seu trrraballo. Dimitide! Despedídevos!

_ Sí, dimitiremos dos nosos traballos!

_ E despois de dimitirrr, cada unha de vós sairrra merrrcarrr. . . Detívose.

_ Que mercaremos? Dinos, ouh, xenial! Que mercaremos?

_ Tendas de carrramelos! Cada unha de vós merrrcarrra unha tenda de carrramelos. Merrrcarrredes as mellores e máis rrrespetables tendas de carrramelos de Inclaterrra!

_ Sí,si- contestaron ellas.

As súas horribles voces eran coma un coro de tornos de dentistas renxendo uns contra outros.
_ Non terrredes prrroblema parrra conseguilo se cuerrredes, porrrque ofrrrecerrredes catrrro veses o valor da tenda e nincuén rrrexeitará semellante oferrrta. Trrrouxen comico seis arcóns xeos de billetes incleses, todos feitos na casa.

As bruxas do público riron, apreciando a broma.

(. . .)

_ Así que cada unha de vós terá unha magnífica tenda de carrramelos! Logo, encherrredes todos os chocolates e carrramelos das vosas tendas coa miña última e máis grrrrandiosa fórrrmula máchica:  FÓRMULA 86.FACEDOR DE RATOS DE ACCIÓN RETARDADA

                                                                          AS BRUXAS” Roald Dalhl
                                                                                       Ed. Xerais – Xabarín


nº1 Lede o texto e ordenade os diálogos que están en cor distinta para que dito texto teña sentido.

n.º2 Escribide a idea principal do texto e dúas ideas secundarias.

nº3 Que quererá dicir o título do texto: Fórmula 86. Facedor de ratos de acción retardada? Explicádeo coas vosas palabras.

nº4 Escribide a receita da Fórmula 86, indicando os seus ingredentes, a elaboración da mesma e os seus efectos.

n.º5 Imos ver se vos lembrades da comparación e da metáfora estudada recientemente. Escribide a comparación que aparece no texto. Transformade a comparación en metáfora.

nº6 Indicade que recurso expresivo se empregou nas frases seguintes:

  • A fórmula 86 pensa acabar con todas as criaturas da terra ⥤

  • As paredes da sala de reunión non saían do seu asombro ⥤

  • O silencio acollía as horripilantes palabras da Gran Bruxa ⥤ 

  • A voz da Gran bruxa abrazaba as ilusións do seu público ⥤

nº7 Como vimos anteriormente unha hipérbole ou esaxeración consiste en esaxerar as ideas, sentimentos ou accións. Fíxádevos no exemplo e completade con hipérboles.

           Ao rapaz pareceulle unha reunión eterna, sen principio nin fin.

  • As bruxas da sala ........................................................................................................

  • O acento da Gran Bruxa..........................................................................................

  • Nas bocas abertas das bruxas...............................................................................

  • Nas súas tendas de caramelos..............................................................................

nº8 Investiga: que recursos expresivos son os que se empregan nun chiste. Escribide o chiste que máis vos guste e dicide que recurso ou recursos se empregaron para que nos faga rir.



🔺🔺🔺 A TRABALLAR, QUE XA NO QUEDA NADA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!













martes, 2 de junio de 2020

TAREFA 3 DE XUÑO.




BO DÍA A TODOS E A TODAS, CHRIBITEIR@S!

1.- Le o texto seguinte moi atentamente para poder contestar, axeitadamente, as preguntas: 

COMO RECOÑECER A UNHA BRUXA


noite seguinte, despois de bañarme, a miña avoa levoume outra vez ao salón para contarme outra historia.

_ Esta noite-dixo a vella-, vouche contar como recoñecer a unha bruxa en canto a vexas.
_Pódese estar sempre seguro?- preguntei.
_ Non,-dixo ela-non se pode. E ese é o problema. Pero pódese intentar adiviñalo bastante ben.
_ De primeiras- dixo-unha BRUXA VERDADEIRA levara´sempre, seguro, luvas cando deas con ella.
_ Seguramente non sempre-dixen eu-. Que pasa no verán, cando vai calor?
_Ten que levalas- dixo a miña avoa-  Queres saber por que?
_ Por que?
_ Porque non ten uñas. No canto de uñas ten gadoupas finas e curvadas, coma un gato, e leva as luvas para agachalas. Pero moitas mulleres respetables levan luvas, especialmente en inverno, así que isto non che vai axudar moito.
(…)
O segundo que tes que lembrar é que as BRUXAS VERDADEIRAS son sempre calvas.
_ Calvas?
_ Calvas coma un ovo cocido-dixo a miña avoa.
Eu quedei pampo.
_ Se é calva será moi sinxelo distinguila – dixen eu.
_ Diso nada- contestou a miña avoa- unha bruxa verdadeira leva sempre unha perruca para agachar a súa calvicie. Leva unha perruca de primeira calidade. E é case imposible distinguir unha perruca de primeira calidade e un pelo verdadeiro, a non ser que lle deas un tirón a ver se lla soltas.
_ E logo é iso o que teño que facer?- contestei.
_ Non sexas parvo. Non podes ir por aí tirándolle do pelo a cada muller que atopes, nin aínda que leve luvas.
(…)
_ En que outras cousas teño que fixarme para recoñecer a unha bruxa?- preguntei.
_ Fíxate nos buratos do nariz, as bruxas teñen os buratos do nariz un pouquiño máis grandes. O bordo de cada burato é rosado e curvo,como o bordo dalgunhas cunchas mariñas.
_ Por que teñen os buratos do nariz tan grandes?- dixen.
_ Para ulir mellor. Unha bruxa é quen de ulir a un neno que está na outra beira da rúa nunha noite negra coma a broa.
_ A min non poderá ulirme- dixen- acabo de bañarme…
Claro que podería -dixo a miña avoa- canto máis limpo esteas máis oloroso es para unha bruxa. Un neno completamente limpo despide o máis arrepiante fedor para unha bruxa. Canto máis sucio  esteas, menos ulirás.
_ Non me volverei a bañar xamais!- dixen.
_ Abonda con que non te bañes tan a miúdo- dixo ela.
_ Pero eu realmente non despido esas bombas fétidas, non si? 
_ Para unha bruxa, si. Pero para min ti oles como os amorodos con nata.
 Era en momentos coma este cando eu máis quería a miña avoa.
_ A que lle uliría?- preguntei.
_ A cagada de can- dixo a miña avoa.
_ Cagada de can?-berrei- Eu non ulo a cagada de can!!! Non o creo! Non o quero crer!
_ É o que é máis-dixo a miña avoa con certa rexouba-para unha bruxa ti ulirías a cagada de can fresca.
Decidín cambir de tema.
_ Dime en que máis teño que fixarme?- preguntei.
_ Nos ollos -dixo a miña avoa- fíxate coidadosamente nos ollos, porque os ollos dunha bruxa verdadeira son diferentes dos teus e dos meus. Fíxate no centro de cada ollo, onde normalmente hai un puntiño negro. Se é unha bruxa, o punto negro estará cambiando de cor, e ti verás lume e xeo bailando no mesmo centro do punto coloreado. Pasaranche calafríos por toda a pel.
A miña avoa recostouse no seu sillón e zugou con satisfacción no seu cheirento puro negro. Eu estaba sentado no chan, mirándoa fixamente, fascinado. Ela non sorría. Estaba mortalmente seria.
_ Hai máis cousas avoa?- preguntei.
_ Desde logo que hai máis cousas.  As bruxas non teñen dedos nos pés. Os seus pés son cadrados e sen dedos.
_ E iso non fai o andar moi difícil?- preguntei.
_ En absoluto, pero créalle un problema cos zapatos. Non poden levar zapatos con punta fina porque non lles caben nos seus anchos pés. Pásano fatal para metelos, apretadamente, dentro deses elegantes zapatos de punta fina.
_ Esas son as únicas diferenzas, avoa?- preguntei unha vez máis.
_ Hai unha máis- dixo a miña avoa-. Só unha máis.
_ Cal é avoa?- dixen.
_ O seu cuspe azul. Azul coma os arandos- dixo ella.
_ Non o dis en serio, avoa. Ninguén pode ter cuspe azul.
_ As bruxas poden.  
                                                                                                                        “AS BRUXAS” Roald Dalhl
                                                                                                                 Ed. Xerais – Xabarín


2.- Pasa as primeiras 10 liñas a estilo indirecto.

3.- Por que pensas que as bruxas teñen o cuspe azul? Xustifica a túa resposta nun parágrafo de cinco liñas.

4.- Inventa a historia dunha nena chinesa que ten o cuspe azul.

OS RECURSOS EXPRESIVOS ( I)





5.- Completa con adxectivos epítetos as frases seguintes:
  • As _______________ campás.
  • O ________________ pranto.
  • A ________________ herba.
  • A ________________ bruxa.
  • As ______________ silveiras.
6.- Completa cos conectores comparativos que faltan e xustifica coas túas palabras as comparacións. Fíxate no exemplo.

  • Os seus beizos son como caraveis. Xustificación: Os caraveis son vermellos e bonitos, os beizos da persoa a quen se fai referencia tamén.
  • É tan áxil ……………unha gacela. Xustificación:
  • O ferrocarril é ………… unha culebra de aceiro. Xustificación:
  • A súa vontade é dura ………… o aceiro. Xustificación:
  • Feliz ……………… peixe na auga. Xustificación:
  • Estar ……. furioso …………… un volcán. Xustificación:
  • Ser ……… alegre ……………… coma unhas castañolas. Xustificación:

7.- Transforma as frases do exercicio anterior en metáforas, identificando o seu termo real e imaxinario, coma no exemplo.

  1.  Os seus beizos son caraveis.                     Termo real: beizos     termo imaxinario: caraveis.
  2. …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
  3. …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
  4. …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
  5. …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
  6. …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
  7. …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
8.- Transforma seguintes metáforas en metáforas puras coma no exemplo:
  • Os teus dentes son perlas. As perlas da túa boca iluminan o universo. Termo real omitido: dentes.
  • A lúa é un pergamino.
  • Os teus ollos son dúas esmeraldas.
  • As estrelas son lumes do ceo.
  • O amor é un pirata no corazón.
9.- Constrúe personificacións coas palabras seguintes:

  • Os bosques noruegueses………………………………………………………………………
  • As perrucas das bruxas verdadeiras……………………………………………………………
  • Os cadrados pés………………………………………………………………………………..
  • Os buratos do nariz…………………………………………………………………………….
  • O cuspe azul…………………………………………………………………………………...
10.- Se aínda che quedan folgos... clasifica os recursos expresivos que aparecen no texto de hoxe.







TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...