Con esta última actividade rematamos a tarefa de publicistas. Hoxe toca PUBLICAR O VOSO PRODUTO, pois de nada serviría invertir tanto tempo e esforzo en crear un eslogan... se vai quedar arquivado nunha carpeta do ordenador. Os vosos eslogans estarán publicados en PADLET, que é un muro dixital.
Cada un de vós intentará subir o seu produto final (debuxo+ eslogan) ao muro. Para levar a cabo esta actividade teredes que ir a Chiribitas e localizar o muro, está na columna da dereita en páxinas, debaixo de páxina principal. Unha vez alí, seguide estes pasos:
ABAIXO, Á DEREITA PULSAR ESTE BOTÓN
APARECERAVOS ALGO ASÍ. POÑEDE O VOSO NOME EN TÍTULO. SE QUEREDES ESCRIBIR ALGO EXPLICANDO O VOSO TRABALLO ( DESCRICIÓN), ADIANTE...
NA FRECHA NEGRA QUE SE VE ARRIBA SUBIDES A IMAXE DO VOSO ORDENADOR. APARECE EN BUSCAR ARQUIVOS, SELECCIONAR E SUBIR. ESPERAR A QUE CARGUE E XA ESTÁ.
CANDO HAXA MOITAS IMAXES VAN SAÍR MOI PEQUENAS. PARA VELAS A MAIOR TAMAÑO TEDES QUE TOCAR ARRIBA DA IMAXE E SAE UN DIÁLOGO, PINCHADE NOS TRES PUNTOS E APARECE UN DESPREGABLE, DÁDELLE A EXPANDIR E XA PODEDES VER BEN A IMAXE SELECCIONADA.
Se algún de vós ten algún tipo de dificultade para subir a súa imaxe que nos envie un correo e xa nos encargamos de subila nós ao padlet. O máis importante é que estean todas as imaxes!!!
TAREFA PUBLICISTAS REMATADA!!!
POSDATA: non vos esquezades de facer as vosas narracións dos autómatas. esperámolas para vindeiras tarefas. O profe Guillermo pediunos que vos recordásemos que na páxina web do centro no apartado de especialidades, en Educación Física, tedes xogos, manualidades, suxerencias de películas, retos, ..., para pasar un rato divertido.
A tarefa de hoxe é moi divertida, ou polo menos, esa é a nosa intención. Consiste en UNIR O ESLOGAN CO DEBUXO. Como sempre podemos facelo de dous xeitos:
A) Como se fixo dende sempre, collendo o debuxo en papel e escribirlle o eslogan.
B) Empregando as novas tecnoloxías, é dicir, empregando unha aplicación.
En ámbolos dous casos, o máis importante é que consigades unha boa proporción entre debuxo e texto do eslogan, ou sexa, que o eslogan deixe ver ben o debuxo e que o debuxo deixe ver ben o eslogan. O mellor é que exista un equilibrio entre eslogan e debuxo.
PARA OS QUE SE ANIMEN A EMPREGAR A APP, déixovos o mini titorial gráfico.
NOME DA APP PicCollage
A súa descarga é gratuita e pódese traballar nela offline. Unicamente precisades conectarvos cando a descarguedes ou queirades subir un traballo á nube.
MODO DE EMPREGO…
Como case a maioría das apps, é moi sinxela de usar:
Abrimos a app e dámoslle a empecemos. Aparecen todas as fotos que tedes na galería (carrete) dámoslle a saltar e xa estades no voso proxecto. Prememos o botón máis e sae este cadro de diálogo
Tocades en foto para importar a vosa foto do Coronavirus. Se non vos sae, facede o seguinte: ir a Paint Free e dádelle a gardar en “Close whithout saving,saides e dádeslle en " Share". Saen dous iconos de PicCollage, clicade aí. Se aínda non vos aparece o debuxo, repetida a operación varias veces, ou reiniciade a tablet.
Seleccionar debuxo, aparece debuxo con fondos de Paint Free, saltade e chegade a pantalla branca, pulsades en máis fotos e xa tedes o voso debuxo. Aperece pequeno, pero deslizando as mans podedes agrandalo todo o que queirades.
Cando pulsades sobre un debuxo ou imaxe aparecen varias funcións: duplicar,corta, eliminar...
Este debuxo está duplicado. As réplicas do debuxo ou imaxe tamén se poden duplicar.
Agora podedes poñerlle o eslogan. Para facelo tedes que clicar en máis e no círculo de texto vaivos aparecer o que está na imaxe. O texto pódese poñer todo xunto, palabra por palabra ou letra a letra. Tamén se pode mover e facer máis grande ou máis pequeño. O máis importante é que experimentedes, se sae mal dádeslle a desfacer. Se queredes cambiar algo, pulsade sobre el para editalo. Cando rematedes pulsades en listo e gardádeo no ábum. A vosa obra aparece en Mis Collages. Tamén vos deixamos un vídeo por se aínda vos quedou algunha dúbida.
Como usar Pic collage.
Queremos que aproveitedes este tempo para aprender a facer as actividades doutra maneira. Ao principio xa sabemos que vos vai custar máis, pero unha vez que "fuchiquedes" nas aplicacións e aprendades a usalas, poderedes utilizalas noutras ocasións. Ademais para vós iso de andar en aplicacións é coser e cantar non si? Tedes unha semana para facer a tarefa e enviárnola ao correo.
XA ESTADES LISTOS. MANS A OBRA PORQUE ESPERAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!!!
Como vos vai todo? Esperamos que ben, porque para a tarefa de hoxe ides precisar de todos os vosos folgos. Comezamos dicindo que é unha actividade voluntaria, xa que é probable que necesitedes axuda e non todos contaredes co material necesario. Aqueles que o fagades podedes mandarnos fotos ou gravar un vídeo e irémolos subindo ao blog. Ánimo!
Quita as aletas superiores e inferiores da caixadeixando un cadrado aberto. Garda estas pezas xa que poden ser útiles máis adiante.
Corta a caixa formando dous ou máis
bastidores cadrados duns 7 centímetros
de ancho.
Para que o bastidor sexa máis estable,
corta uns triángulos de cartón e pégaos
con cola térmica en esquinas opostas.
Tamén podes usar cinta adhesiva, pero non aguantará tanto.
MOITO OLLO!!! 👀
O elemento que xira coa manivela chámase leva. O que se apoia enriba da leva e móvese segundo a forma e a posición da mesma, é o seguidor da leva. O seguidor transmite o movemento aos elementos que están sobre a caixa para dar vida á escultura.
A forma de colocar as levas e os seguidores determinan o comportamento dos elementos animados. Estes son algúns movementos fáciles de conseguir:
XIRO E XIRO
ARRIBA E ABAIXO + XIRO E XIRO
DEREITA – ESQUERDA
Tamén podes intentar outros movementos
interesantes, aínda que algo máis complexos.
DE LADO A LADO.
ARRIBA E ABAIXO
PARA FACER O MECANISMO...
Debuxa a leva e o seguidor sobre a lámina máis grosa
de goma EVA (podes empregar un tapón ou calquera
outro obxecto circular como plantilla).
Truco: Ao cortar os bordes das levas procura que queden lisos, sen estrías , e asegurándote de que o seguidor é un pouco máis grande que a leva. Cando fagas novos autómatas aproveita para probar con outros tamaños e formas e ver como afectan ao movemento.
Espeta unha leva nun pau de brocheta dentro do bastidor.
Truco:Para facer buratos no bastidor empeza cun cravo ou parafuso. Asegúrate de que a leva non choca nin arriba nin abaixo. Non pegues aínda a leva.
Corta uns cadrados pequenos de goma EVA e empúrraos dende cada un dos estremos do pau, para fixar o eixe no seu sitio.
Truco: Non os pegues aínda.
Fai un burato na parte superior do bastidor, na zona onde queiras colocar o seguidor da leva, e mete un anaco de palliña de refresco. A palliña debe saír por enriba e por debaixo do bastidor para que se estabilice o movemetnto do pau. Pégaa con moito coidado coa cola térmica.
Truco: A punta do lapis é unha boa ferramenta para facer máis grande o burato pouco a pouco, de xeito que a palliña caiba sen se caer.
Espeta o pau a través da palliña, e coloca o seguidor da leva no estremo inferior do pau. Pega o seguidor da leva ao pau.
Truco: Se o seguidor non cae ata a leva, ponlle unha torca, ou unha arandela antes de pegalo, para engadir un pouco de peso ao conxunto.
Proba a cambiar a posición da leva, e quizais atopes movementos distintos.
PROBA O MECANISMO...
Axusta a leva baixo o seguidor ata que corrixas o movementoque che interesa. Despois pégaa ao eixe.
Fai unha manivela
Corta un pequeño rectángulo das aletas da caixa de cartón e pégao no eixe de madeira.
Pega outro anaco de pau noutro lado do rectángulo, de xeito que formen unha manivela.
CONSTRÚE O TEU RELATO.
Unha vez que o mecanismo funcione, podes pasar a ver ao autómata dende outro punto de
vista e imaxinar que se pode mover enriba da caixa. Pensa en cousas que xiran, rebotan ou saltan.
SE QUERES IR MÁIS LONXE
MADEIRA.....
A madeira é unha boa alternativa ao cartón
para facer autómatas. Nestas montaxes
empregamos un bastidor de madeira en vez
do de cartón, varillas de madeira en vez de paus de brocheta e cravos e parafusos no canto da cola térmica. Cortar discos ou outras formas en madeira pode ser máis difícil, pero é unha boa ocasión para perdeccionar as vosas habilidades.
ARAME.....
Os autómatas de arame son outra forma de explorar elementos mecánicos básicos. É unha boa idea adicar un tempo a construír figuras dobrando arame antes de lanzarse a montar o mecanismo do autómata. Emprega fío de cobre, para que sexa doado soldar as unións en caso necesario. Podes empezar aprendendo a facer manivelas, acoplamentos e pomos con arame. Logo podes seguir engadindo outros elementos ou pezas de madeira ao teu mecanismo.
MATERIAL DE REFUGALLO.....
Tamén podes rebuscar o que necesitas nos contedores de reciclado. Podes utilizar botellas de plástico ou latas de aluminio. Outra cousa que podes facer é dar unha volta polos arredores. Facer autómatascon distintos materiais é un reto,que estás disposto a asumir,se queres ir máis lonxedo cartón,NON SI?
A QUE ESPERAS PARA EMPEZAR O TEU AUTÓMATA?
Aquí vos deixamos un vídeo para que vos quede un pouquiño máis claro.