miércoles, 29 de abril de 2020

TAREFA 29 DE ABRIL.


BO DÍA, CHIRIBITEIR@S! 

Como vos vai todo? Esperamos que ben, porque para a  tarefa de hoxe ides precisar de todos os vosos folgos. 
Comezamos dicindo que é unha actividade voluntaria, xa que é probable que necesitedes axuda e non todos contaredes co material necesario. Aqueles que o fagades podedes mandarnos fotos ou gravar un vídeo e irémolos subindo ao blog.
Ánimo!



AUTÓMATAS DE CARTÓN



Chamamos  autómatas de cartón a  
un  tipo  de  escultura  mecánica   
feita  con  materiais  simples que   
permiten narrar historias.             
Cando  os constrúes podes explorar 
elementos  mecánicos simples, como  
levas, pancas ou unións como parte  
dun xogo.                                


Este  tipo  de  autómata  permite  
construír rapidamente mecanismos 
funcionais,  mentres  elaboras as   
ideas para a túa escultura           

mecánica.                              



PROBA!

  Recompila estes materiais para 
  construír o teu autómata.       

  • Unha caixa de cartón pequena
    ( 15x15cm aproximadamente)
  • Láminas de goma EVA
  • Pallas para beber de papel
  • Cinta de carroceiro
  • Tesoiras, pistola e barra de 
    cola térmica
  • Torcas e arandelas
    ( para facer contrapeso)
  • Un lapis 
  • Un cravo ou parafuso
    parque poidas facer buratos no cartón.


    OUTROS MATERIAIS…
Tamén precisamos doutros materiais 
para  a  narración  que  imos  crear 
enriba do autómata.                    



Podes empregar pranchas máis finas  
de goma EVA e outros materiacoma
plumas,  cortiza,  ollos,  feltro  de   
cores e outras cousas divertidas para
túa historia ou como decoración.  




EMPEZAMOS!






Quita as aletas superiores e inferiores
da caixa deixando un cadrado aberto.

Garda  estas pezas xa que poden ser 
útiles máis adiante.                      





     Corta  a caixa formando dous ou máis 
     bastidores cadrados duns 7 centímetros 
     de ancho.                                    

     Para  que  o  bastidor sexa máis estable,
     corta uns triángulos de cartón e pégaos 
     con cola térmica en esquinas opostas.   
    
     Tamén podes usar cinta adhesiva, pero non aguantará tanto.



MOITO OLLO!!! 👀



O elemento que xira coa         manivela chámase leva. O que se apoia enriba da leva e     móvese segundo a forma e a posición da mesma, é o      seguidor da leva. O seguidor transmite o movemento aos   elementos que están sobre a    caixa para dar vida á escultura.
                       
A forma de colocar as levas e os seguidores determinan o comportamento dos            elementos animados. Estes      son algúns movementos        fáciles de conseguir:           
  • XIRO E XIRO
  • ARRIBA E ABAIXO + XIRO E XIRO
  • DEREITA – ESQUERDA



























Tamén podes intentar              outros movementos          
interesantes, aínda que algo máis complexos.               
  • DE LADO A LADO.
  • ARRIBA E ABAIXO



    PARA FACER O MECANISMO...

    Debuxa a leva e o seguidor sobre a lámina máis grosa
    de goma EVA  (podes empregar  un tapón ou calquera
    outro obxecto circular como plantilla).                  



Truco: Ao cortar os bordes das levas procura que queden lisos, sen estrías , e asegurándote de que o seguidor é un pouco máis grande que a leva. Cando fagas novos autómatas aproveita para probar con outros tamaños e formas e ver como afectan ao movemento.           




Espeta unha leva nun pau de brocheta dentro do bastidor.     

Truco: Para facer buratos no bastidor empeza cun cravo ou parafuso. Asegúrate de que a leva non choca nin arriba nin abaixo. Non pegues aínda a leva.


Corta  uns  cadrados pequenos de goma EVA e empúrraos dende cada un dos estremos do pau, para fixar o eixe no seu sitio.      


Truco: Non os pegues aínda.



Fai un burato na parte superior do  bastidor,  na  zona  onde queiras colocar o seguidor da leva, e mete  un anaco de palliña de refresco. A palliña debe saír por enriba e por debaixo do bastidor para que se estabilice movemetnto do pau. Pégaa con moito coidado coa cola térmica.

Truco:  A punta do lapis é unha boa ferramenta para facer máis grande o burato pouco a pouco, de xeito que a palliña caiba sen se caer.




Espeta o pau a través da palliña, e coloca o seguidor da leva no estremo inferior do pau. 


Pega o seguidor da leva ao pau.           


Truco: Se o seguidor non cae ata a leva, ponlle unha torca, ou unha arandela antes de pegalo, para engadir un pouco de peso ao conxunto.                         
Proba a cambiar a posición da leva, e quizais atopes movementos distintos.


 



    PROBA O MECANISMO...


   Axusta a leva baixo o seguidor ata que corrixas o movemento  que che interesa. Despois pégaa ao eixe.                          


Fai unha manivela


Corta un pequeño rectángulo das aletas da caixa de cartón e pégao no eixe de madeira.
Pega outro anaco de pau noutro lado do rectángulo, de xeito que formen unha manivela.






CONSTRÚE O TEU RELATO.





Unha vez que o mecanismo funcione,  podes  pasar  a  ver ao autómata  dende  outro punto de 
vista e imaxinar que se pode mover enriba da caixa. Pensa en cousas que xiran, rebotan ou saltan.                                














SE QUERES IR MÁIS LONXE



MADEIRA.....


A madeira é unha boa alternativa ao cartón   
para  facer  autómatas. Nestas  montaxes      
empregamos un bastidor de madeira en vez    
do de cartón, varillas de madeira en vez de   paus de brocheta e cravos e parafusos no   canto da cola térmica. Cortar discos ou outras formas en madeira pode ser máis difícil, pero é unha boa ocasión  para perdeccionar as vosas habilidades.




ARAME.....

Os autómatas de arame son outra forma de explorar elementos mecánicos básicos. É unha boa idea adicar un tempo a construír figuras dobrando arame antes de  lanzarse a montar o mecanismo do autómata. Emprega fío de cobre, para que sexa doado soldar as unións en caso necesario. Podes empezar aprendendo a facer manivelas, acoplamentos e pomos con arame. Logo podes seguir engadindo outros elementos ou pezas de madeira ao teu mecanismo.                                         

                                           

MATERIAL DE REFUGALLO.....


Tamén podes rebuscar o que necesitas nos contedores de reciclado. Podes utilizar botellas de plástico ou latas de aluminio. Outra cousa que podes facer é dar unha volta polos arredores. 






Facer autómatas con distintos materiais é un reto, que estás disposto a asumir, se queres ir máis lonxe do cartón, NON SI?                                            


A QUE ESPERAS PARA EMPEZAR O TEU  AUTÓMATA?


Aquí vos deixamos un vídeo para que vos quede un pouquiño máis claro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...