Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas.. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2020

TAREFA 15 DE MAIO.

Bo día Chiribiteiras e Chiribiteiros! Hoxe é un día especial xa que é venres, e iso sempre hai que celebralo. A tarefa de hoxe consiste en dous xogos, dous xogos moi, moi especiais. Estades preparados? 


Comezamos dicindo que estes xogos son VOLUNTARIOS

O primeiro deles consiste nun Scape Room sobre as Letras Galegas, literatura, intriga e xogo. Este é un xogo moi sinxeliño para descubrir máis cousas do autor.


O segundo deles é da mestra Patricia Sánchez, que comparte con nós este "Break Out" dixital. Está pensado para alumnado de sexto en adiante, pero xa vos informados que é un chisco complicado, pero moi apaixoante. Podedes intentar resolvelo en familia, hai que darlle duro ao miolo!

É un xogo de pistas, códigos, investigacións..., como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e, que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información.
Ao final tedes a oportunidade de participar nun "Cadaver exquisito" colectivo. A idea é que aportedes un verso a un poema, pero só ides poder ver o verso que escribiu a persoa anterior a vos, aí reside a maxia!

Pinchade no enlace de abaixo e merdulládevos na aventura...


Como xa especificamos, este xogo de pistas non é de todo doado, hai algún código enrevesado; por iso  deixamos as solucións por se vos fan falla para superar algún reto. Aínda que estamos seguras de que o ides facer xenial!
Animádevos a participar e deixádenos as vosas impresións en comentarios.


TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...