jueves, 14 de mayo de 2020

TAREFA 15 DE MAIO.

Bo día Chiribiteiras e Chiribiteiros! Hoxe é un día especial xa que é venres, e iso sempre hai que celebralo. A tarefa de hoxe consiste en dous xogos, dous xogos moi, moi especiais. Estades preparados? 


Comezamos dicindo que estes xogos son VOLUNTARIOS. 

O primeiro deles consiste nun Scape Room sobre as Letras Galegas, literatura, intriga e xogo. Este é un xogo moi sinxeliño para descubrir máis cousas do autor.


O segundo deles é da mestra Patricia Sánchez, que comparte con nós este "Break Out" dixital. Está pensado para alumnado de sexto en adiante, pero xa vos informados que é un chisco complicado, pero moi apaixoante. Podedes intentar resolvelo en familia, hai que darlle duro ao miolo!

É un xogo de pistas, códigos, investigacións..., como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e, que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información.
Ao final tedes a oportunidade de participar nun "Cadaver exquisito" colectivo. A idea é que aportedes un verso a un poema, pero só ides poder ver o verso que escribiu a persoa anterior a vos, aí reside a maxia!

Pinchade no enlace de abaixo e merdulládevos na aventura...


Como xa especificamos, este xogo de pistas non é de todo doado, hai algún código enrevesado; por iso  deixamos as solucións por se vos fan falla para superar algún reto. Aínda que estamos seguras de que o ides facer xenial!
Animádevos a participar e deixádenos as vosas impresións en comentarios.


3 comentarios:

  1. ENCANTANME OS SCAPE ROOMS,GRAZAS!

    ResponderEliminar
  2. A min tamén encantanme os scapes rooms e os xogos enrevesados

    ResponderEliminar
  3. Son Diego fixen os dous, pero gustoume o mais complicado

    ResponderEliminar

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...