BENVIDOS, UN DÍA MÁIS, AO NOSO BLOG, CHIRIBITAS!
Con esta última actividade rematamos a tarefa de publicistas. Hoxe toca PUBLICAR O VOSO PRODUTO, pois de nada serviría invertir tanto tempo e esforzo en crear un eslogan... se vai quedar arquivado nunha carpeta do ordenador. Os vosos eslogans estarán publicados en PADLET, que é un muro dixital.
Cada un de vós intentará subir o seu produto final (debuxo+ eslogan) ao muro. Para levar a cabo esta actividade teredes que ir a Chiribitas e localizar o muro, está na columna da dereita en páxinas, debaixo de páxina principal. Unha vez alí, seguide estes pasos:
ABAIXO, Á DEREITA PULSAR ESTE BOTÓN
APARECERAVOS ALGO ASÍ. POÑEDE O VOSO NOME EN TÍTULO. SE QUEREDES ESCRIBIR ALGO EXPLICANDO O VOSO TRABALLO ( DESCRICIÓN), ADIANTE...
NA FRECHA NEGRA QUE SE VE ARRIBA SUBIDES A IMAXE DO VOSO ORDENADOR. APARECE EN BUSCAR ARQUIVOS, SELECCIONAR E SUBIR. ESPERAR A QUE CARGUE E XA ESTÁ.
CANDO HAXA MOITAS IMAXES VAN SAÍR MOI PEQUENAS. PARA VELAS A MAIOR TAMAÑO TEDES QUE TOCAR ARRIBA DA IMAXE E SAE UN DIÁLOGO, PINCHADE NOS TRES PUNTOS E APARECE UN DESPREGABLE, DÁDELLE A EXPANDIR E XA PODEDES VER BEN A IMAXE SELECCIONADA.
Se algún de vós ten algún tipo de dificultade para subir a súa imaxe que nos envie un correo e xa nos encargamos de subila nós ao padlet. O máis importante é que estean todas as imaxes!!!
TAREFA PUBLICISTAS REMATADA!!!
POSDATA: non vos esquezades de facer as vosas narracións dos autómatas. esperámolas para vindeiras tarefas.
O profe Guillermo pediunos que vos recordásemos que na páxina web do centro no apartado de especialidades, en Educación Física, tedes xogos, manualidades, suxerencias de películas, retos, ..., para pasar un rato divertido.
O profe Guillermo pediunos que vos recordásemos que na páxina web do centro no apartado de especialidades, en Educación Física, tedes xogos, manualidades, suxerencias de películas, retos, ..., para pasar un rato divertido.




No hay comentarios:
Publicar un comentario