Non sabemos se vos fixástedes, pero na columna da dereita arriba tedes páxinas de interese...mergulládevos nelas!
Para celebrar este día, propoñémosvos varias actividades.
1º. Actividade.
Aquí vos deixamos o enlace a un canal de YouTube do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega). Nel hai varios vídeos con diversas historias narradas. Debaixo de cada un xa pon se é para público infantil, familiar ou adulto. Que desfrutedes!
COLECTIVO NOGA
2º. Actividade.
Un relato.
Este é un agasallo, xa que non podemos lelo na clase, queda un vídeo onde Eduardo Galeano nos conta este microrrelato. Tamén tedes a letra por se non se entende algo. Escoitádeo con atención, vai adicado para vós!
Un mar de fueguitos
Un hombre del pueblo de Neguá, en la costa de Colombia, pudo subir al alto cielo.
Y a la vuelta, contó.
Dijo que había contemplado, desde allá arriba,
la vida humana.
Y dijo que somos un mar de fueguitos.
- El mundo es eso - reveló -.
Un montón de gente, un mar de fueguitos.
Cada persona brilla con luz propia entre todas las demás.
No hay dos fuegos iguales.
Hay fuegos grandes y fuegos chicos
y fuegos de todos los colores.
Hay gente de fuego sereno que ni se entera del viento,
y gente de fuego loco que llena el aire de chispas.
Algunos fuegos, fuegos bobos, no alumbran ni queman;
pero otros, otros arden la vida con tantas ganas
que no se puede mirarlos sin parpadear,
y quien se acerca, se enciende.
EDUARDO GALEANO. EL LIBRO DE LOS ABRAZOS.
3º Actividade.
Neste exercicio tedes que responder a seguinte pregunta:
Que pasaría se desaparecesen as letras?
A túa resposta ten que ter como mínimo 100 palabras e deberá cumplir outra condición, non poderás usar palabras que conteñan a letra "s".
4º Actividade.
Queremos unirnos á proposta de "Aulas Galegas" e que fagades unha reflexión, que significa ler para vós? Cando xa o teñades claro, facede un debuxo onde se vexa o que significa para vós e acompañádeo cun pequeno texto. No debuxo podedes usar calquer material que teñades pola casa, facer un collage, unha composición, usar texturas..., deixade voar a vosa imaxinación.
Cando rematedes, enviádenos a terceira actividade e unha foto da cuarta.
IMPORTANTE!
Mañá non mandaremos tarefa para que teñades tempo a facer as de hoxe con calma e a rematar as de esta semana.
FELIZ DÍA DO LIBRO!