Moito ánimo!
Solucionario
nº1
a) DEFINICIÓNS:
PLANETA: Corpo celeste sen luz propia, de masa suficiente como para ter forma aproximadamente esférica, que orbita arredor dunha estrela e limpou a zona da súa órbita doutros obxectos ríxidos.
CONTINENTE: Grande extensión de superficie terrestre separada doutras por un ou máis océanos.
PAÍS: Territorio habitado por unha colectividade( persoas dunha mesma orixe etnica que comparten vínculos históricos, culturais,lingua, etc.) que constitúe unha realidade xeográfica e política concreta.
CCAA: División administrativa ou territorial con institucións comúns propia do Estado español.Cada comunidade autónoma réxese por un estatuto.
PROVINCIA: Entidade local do Estado español, con personalidade xurídica propia, formada pola agrupación de municipios.
CIDADE: Asentamento humano de maior entidade ca a vila, cun elevado número de habitantes e alta densidade de poboación, dedicada principalmente aos sectores secundario e terciario.
VILA: Entidade de poboación máis pequena ca a cidade e máis grande ca a aldea, que en Galicia adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou dunha comarca.
b)
c)
d)
PLANISFERIO: Representación sobre un plano a escala reducida da totalidade da superficie terrestre, sen que se presente separada en hemisferios.
HEMISFERIO: Cada unha das metades da esfera terrestre limitada polo ecuador ou por un meridiano.A liña do ecuador separa o hemisferio boreal ( Norte) e o hemisferio austral( Sur).
Contesta verdadeiro (V) ou falso( F) as seguintes preguntas e corrixe as falsas.
- Os continenetes sitúanse no cume da pirámide en relación a organización territorial do planeta. (F ) Os continentes están situados no segundo escalón da pirámide, empezando pola base, debido a súa expansión territorial.
- Asia atópase situada ao noroeste de Europa ( F) Asia atópase situada ao nordeste de Europa.
- No noso planeta está formado por sete continentes(F) Aquí hai dúas posibles respostas:
- - Cinco: se contamos só aos continentes poboados.
- - Seis: se contamos a Antartida.
- Europa limita con Oceanía (F) Europa limita con Asia.
- As cidades e as vilas son as unidades territoriais menores do noso planeta (V).
- No planeta hai catro océanos (F). No planeta hai cinco océanos.
OS LÍMITES DE EUROPA
n.º 2
a) Risca os límites que se colaron por error na seguinte lista de palabras: Océano Pacífico, Océano Glacial Ártico, Mar Mediterráneo, Cordilleira dos Andes, Océano Atlántico, Montes Urais, Cordilleira do Cáucaso, Filipinas e Cordilleira dos Andes.
b)
c) Non porque Europa é un continente que está moi preto doutros continentes como son Asia e África, ademais é un contiente moi visitado grazas ao turismo, comercio, etc.
d)Sitúa neste mapa físico o nome dos países polos que está formado o noso continente.
1Portugal 11 Austria 21Albania 31Lituania 41 Azerbaixán
2 España 12 República Checa 22 Macedonia 32 Letonia 42 Chipre
3 Italia 13 Eslovaquia 23 Grecia 33 Estonia 43 Malta
4 Francia 14 Hungría 24 Bulgaria 34 Dinamarca 44 Andorra
5 Gran Bretaña 15 Eslovenia 25 Romanía 35 Islandia 45 Vaticano
6 Irlanda 16 Croacia 26 Moldavia 36 Noruega 46 Liechtenstein
7 Bélxica 17 Bosnia- H. 27 Ucraína 37 Suecia 47 Mónaco
8 Países Baixos 18 Serbia 28 Polonia 38 Finlandia 48 S. Marino
9 Alemaña 19 Montenegro 29 Bielorrusia 39 Xeorxia 49 Turquía (Asia)
10 Suíza 20 Kosovo 30 Federación Rusa 40 Armenia 50 kirguizistaán (Asia)
(Os países en vermellos non son europeos, pero considéranse como europeos).
OS PAÍSES EUROPEOS
Completa co nome dos países europeos que corresponden en cada caso:
e) España está situada ao sur do continente europeo. Conta cunha gran extensión (505.990km2) convertíndose no cuarto país máis grande de Europa, sen ter en conta Kazajistán e Turquía.
f) Completa as frases seguintes:
- Cal é a illa máis grande de Europa? A illa máis grande de Europa é a illa de Gran Bretaña.
- Cal é o país máis pequeno en extensión de Europa? O país con menos extensión de Europa é a cidade do Vaticano.
- Dos cinco continentes do planeta e de menor a maior extensión, que lugar ocupa Europa? O de menor extensión é Oceanía e o de máis extensión é Asia. Europa ocupa o cuarto lugar.
- Que día se celebra o día de Europa? Que feito é o que se celebra? O nove de maio. Celébrase a data histórica onde se fundou.





No hay comentarios:
Publicar un comentario