BO DÍA A TODOS E A TODAS, CHRIBITEIR@S!
1.- Le o texto seguinte moi atentamente para poder contestar, axeitadamente, as preguntas:
COMO RECOÑECER A UNHA BRUXA
A noite seguinte, despois de bañarme, a miña avoa levoume outra vez ao salón para contarme outra historia.
_ Esta noite-dixo a vella-, vouche contar como recoñecer a unha bruxa en canto a vexas.
_Pódese estar sempre seguro?- preguntei.
_ Non,-dixo ela-non se pode. E ese é o problema. Pero pódese intentar adiviñalo bastante ben.
_ De primeiras- dixo-unha BRUXA VERDADEIRA levara´sempre, seguro, luvas cando deas con ella.
_ Seguramente non sempre-dixen eu-. Que pasa no verán, cando vai calor?
_Ten que levalas- dixo a miña avoa- Queres saber por que?
_ Por que?
_ Porque non ten uñas. No canto de uñas ten gadoupas finas e curvadas, coma un gato, e leva as luvas para agachalas. Pero moitas mulleres respetables levan luvas, especialmente en inverno, así que isto non che vai axudar moito.
(…)
O segundo que tes que lembrar é que as BRUXAS VERDADEIRAS son sempre calvas.
_ Calvas?
_ Calvas coma un ovo cocido-dixo a miña avoa.
Eu quedei pampo.
_ Se é calva será moi sinxelo distinguila – dixen eu.
_ Diso nada- contestou a miña avoa- unha bruxa verdadeira leva sempre unha perruca para agachar a súa calvicie. Leva unha perruca de primeira calidade. E é case imposible distinguir unha perruca de primeira calidade e un pelo verdadeiro, a non ser que lle deas un tirón a ver se lla soltas.
_ E logo é iso o que teño que facer?- contestei.
_ Non sexas parvo. Non podes ir por aí tirándolle do pelo a cada muller que atopes, nin aínda que leve luvas.
(…)
_ En que outras cousas teño que fixarme para recoñecer a unha bruxa?- preguntei.
_ Fíxate nos buratos do nariz, as bruxas teñen os buratos do nariz un pouquiño máis grandes. O bordo de cada burato é rosado e curvo,como o bordo dalgunhas cunchas mariñas.
_ Por que teñen os buratos do nariz tan grandes?- dixen.
_ Para ulir mellor. Unha bruxa é quen de ulir a un neno que está na outra beira da rúa nunha noite negra coma a broa.
_ A min non poderá ulirme- dixen- acabo de bañarme…
Claro que podería -dixo a miña avoa- canto máis limpo esteas máis oloroso es para unha bruxa. Un neno completamente limpo despide o máis arrepiante fedor para unha bruxa. Canto máis sucio esteas, menos ulirás.
_ Non me volverei a bañar xamais!- dixen.
_ Abonda con que non te bañes tan a miúdo- dixo ela.
_ Pero eu realmente non despido esas bombas fétidas, non si?
_ Para unha bruxa, si. Pero para min ti oles como os amorodos con nata.
Era en momentos coma este cando eu máis quería a miña avoa.
_ Para unha bruxa, si. Pero para min ti oles como os amorodos con nata.
Era en momentos coma este cando eu máis quería a miña avoa.
_ A que lle uliría?- preguntei.
_ A cagada de can- dixo a miña avoa.
_ Cagada de can?-berrei- Eu non ulo a cagada de can!!! Non o creo! Non o quero crer!
_ É o que é máis-dixo a miña avoa con certa rexouba-para unha bruxa ti ulirías a cagada de can fresca.
Decidín cambir de tema.
_ Dime en que máis teño que fixarme?- preguntei.
_ Nos ollos -dixo a miña avoa- fíxate coidadosamente nos ollos, porque os ollos dunha bruxa verdadeira son diferentes dos teus e dos meus. Fíxate no centro de cada ollo, onde normalmente hai un puntiño negro. Se é unha bruxa, o punto negro estará cambiando de cor, e ti verás lume e xeo bailando no mesmo centro do punto coloreado. Pasaranche calafríos por toda a pel.
A miña avoa recostouse no seu sillón e zugou con satisfacción no seu cheirento puro negro. Eu estaba sentado no chan, mirándoa fixamente, fascinado. Ela non sorría. Estaba mortalmente seria.
_ Hai máis cousas avoa?- preguntei.
_ Desde logo que hai máis cousas. As bruxas non teñen dedos nos pés. Os seus pés son cadrados e sen dedos.
_ E iso non fai o andar moi difícil?- preguntei.
_ En absoluto, pero créalle un problema cos zapatos. Non poden levar zapatos con punta fina porque non lles caben nos seus anchos pés. Pásano fatal para metelos, apretadamente, dentro deses elegantes zapatos de punta fina.
_ Esas son as únicas diferenzas, avoa?- preguntei unha vez máis.
_ Hai unha máis- dixo a miña avoa-. Só unha máis.
_ Cal é avoa?- dixen.
_ O seu cuspe azul. Azul coma os arandos- dixo ella.
_ Non o dis en serio, avoa. Ninguén pode ter cuspe azul.
_ As bruxas poden.
_ As bruxas poden.
“AS BRUXAS” Roald Dalhl
Ed. Xerais – Xabarín
2.- Pasa as primeiras 10 liñas a estilo indirecto.
3.- Por que pensas que as bruxas teñen o cuspe azul? Xustifica a túa resposta nun parágrafo de cinco liñas.
4.- Inventa a historia dunha nena chinesa que ten o cuspe azul.
OS RECURSOS EXPRESIVOS ( I)
5.- Completa con adxectivos epítetos as frases seguintes:
- As _______________ campás.
- O ________________ pranto.
- A ________________ herba.
- A ________________ bruxa.
- As ______________ silveiras.
6.- Completa cos conectores comparativos que faltan e xustifica coas túas palabras as comparacións. Fíxate no exemplo.
- Os seus beizos son como caraveis. Xustificación: Os caraveis son vermellos e bonitos, os beizos da persoa a quen se fai referencia tamén.
- É tan áxil ……………unha gacela. Xustificación:
- O ferrocarril é ………… unha culebra de aceiro. Xustificación:
- A súa vontade é dura ………… o aceiro. Xustificación:
- Feliz ……………… peixe na auga. Xustificación:
- Estar ……. furioso …………… un volcán. Xustificación:
- Ser ……… alegre ……………… coma unhas castañolas. Xustificación:
7.- Transforma as frases do exercicio anterior en metáforas, identificando o seu termo real e imaxinario, coma no exemplo.
- Os seus beizos son caraveis. Termo real: beizos termo imaxinario: caraveis.
- …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
- …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
- …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
- …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
- …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
- …………………………………………… termo real: ………. termo imaxinario………
8.- Transforma seguintes metáforas en metáforas puras coma no exemplo:
- Os teus dentes son perlas. As perlas da túa boca iluminan o universo. Termo real omitido: dentes.
- A lúa é un pergamino.
- Os teus ollos son dúas esmeraldas.
- As estrelas son lumes do ceo.
- O amor é un pirata no corazón.
9.- Constrúe personificacións coas palabras seguintes:
- Os bosques noruegueses………………………………………………………………………
- As perrucas das bruxas verdadeiras……………………………………………………………
- Os cadrados pés………………………………………………………………………………..
- Os buratos do nariz…………………………………………………………………………….
- O cuspe azul…………………………………………………………………………………...
10.- Se aínda che quedan folgos... clasifica os recursos expresivos que aparecen no texto de hoxe.


No hay comentarios:
Publicar un comentario