Mostrando entradas con la etiqueta Avisos.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avisos.. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferencia.

SEXTO A:
URL: https://meetingsemea15.webex.com/meet/vfreire

Número de reunión: 142 601 049

SEXTO B:
URL: https://eduxunta.webex.com/meet/vanessabarciela

Número de reunión: 841 807 764


Empezamos coa corrección.


SOLUCIONARIO

RELIEVE EUROPEO: COSTAS, RÍOS, LAGOS E CAPITAIS.

a)Define: costa, río, lago, delta, península,golfo, cabo, illa e capital.
COSTA: Zona de terra que está próxima ao mar, así como a zona de mar próxima á terra.
RÍO: Curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río.
LAGO: Masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar.
DELTA Construción sedimentaria que se produce na desembocadura dun río, formada polos aluvións transportados por este.
PENÍNSULA: Porción de terra rodeada de auga por todas as partes menos por unha, que a une ao continente.
GOLFO: Gran porción de mar que entra na terra entre dous cabos.
CABO: Parte saínte da costa, que penetra no mar.
ILLA: Porción de terra rodeada de auga por todas partes.
CAPITAL: Cidade ou poboación onde reside o goberno ou os órganos da administración dun país ou dunha provincia.

b) Sitúa neste mapa de Europa os seus principais accidentes do relevo costeiro :  
AS ILLAS CANARIAS ESTÁN MÁIS Á ESQUERDA E O CABO MATAPÁN ESTA EN GRECIA.

c) Sitúa, neste mapa de Europa ,os principais ríos que a atravesan. Ponlle o delta a aqueles ríos que o pusúan como o Rin. Agora ponlle nome aos lagos que aparecen en dito mapa.
d) Coloca o nome da súa capital a cada país europeo. Lembra que se non che caben as letras dentro do país, sempre podes facerlle corresponder un níumero. Fíxate no seguinte exemplo: n.º 1 España- Madrid.
1Albania:Tirana
,2 Alemaña: Berlín
.3 Andorra:Andorra la Vella
,4 Armenia: Ereván
,5 Austria: Viena
,6 Azerbaiyán: Bakú
, 7Bélgica:Bruselas,
 8 Bielorrusia:Minsk
, 9Bosnia y Herzegovina:Sarajevo
, 10 Bulgaria: Sofía, 
 11 Chipre: Nicosia
, 12 Ciudad del Vaticano: Ciudad del Vaticano
,13 Croacia: Zagreb
,14 Dinamarca:Copenhague
,15 Eslovaquia:Bratislava
,16 Eslovenia:Liubliana
,17España: Madrid,
18 Estonia:Tallín
,19 Finlandia:Helsinki
,20 Francia: París
 21Georgia:Tiflis,
22 Grecia: Atenas
23 Hungría: Budapest
,24 Irlanda:Dublín
, 25 Islandia: Reikiavik
,26 Italia:Roma,
27Kazajistán: Astaná
, 28 Letonia:Riga
,29 Liechtenstein:Vaduz,30 Lituania:Vilna
,31 Luxemburgo: Luxemburgo
,32 MacedoniaSkopie,
33 Malta: La Valeta,
34 Moldavia: Chisinau,
35 Mónaco:Mónaco
,36 Montenegro:Podgorica
, 37 Noruega:Oslo
,38 Países Bajos:Ámsterdam
,39 Polonia:Varsovia
,40 Portugal: Lisboa
,41 Reino Unido:Londres,
42 República Checa:Praga,
43 Rumanía:Bucarest
,44 Rusia: Moscú
, 45 San Marino:San Marino
,46 Serbia:Belgrado
, 47 Suecia:Estocolmo
, 48 Suiza: Berna, 
49 Turquía: Ankara
, 50 Ucrania: Kiev





Solucionario

FÓRMULA 86.FACEDOR DE RATOS DE ACCIÓN RETARDADA

nº1
Os nenos son noxentos!- berrou a gran bruxa- Licuidarrrémolos a todos!Farrrrémolos desaparrrecerrr da fas da terrra! Botarrrémolos polo desacue!
_ Sí, si- entou o público-. Liquidarémolos! Farémolos desaparecer da terra! Botarémolos polo desaugue!
_ Os nenos son folcasáns e sucios!-voceou a Gran Bruxa.
_ Sí, si!- corearon as bruxas inglesas-. Son folgazáns e sucios!
_ Os nenos son sucios e fedorrrentos!-berrou a Gran Bruxa.
_ Sucios e fedorentos!- berraron elas.
Os nenos xeirrran a cacada de can!- berrou a Gran Bruxa-. A cacada de can xeirrra a violetas e rrrosas comparrradas cos nenos!
_ Violetas e rosas!-cantou o público. Aplaudían e aclamaban case cada palabra dita dende a tarima . A oradora semellaba telas totalmente enfeitizadas.
_ Falarrr de nenos dáme cana de vomitarrr!-berrou a Gran Bruxa-. Só pensar neles dame cana de vomitarrr! Ídeme buscarrr unha palancana!
A gran bruxa detívose e mirou feramente á masa de caras do público. Agardaban, desexando máis.
_ Así cue ocorrra . . . bradou a Gran Bruxa-. Acorrra teño un plan! Teño un plan xigantesco parrra desfacerrrme de todos os nenos de Inclaterrra!
As bruxas quedaron coas bocas abertas. Vovéronse e miráronse unhas as outras con macabros acenos de emoción.

n.º2
Idea principal: No congreso anual de bruxas, a Bruxa Suprema presenta o seu plan para acabar con todos os nenos do mundo: unha nova apócema. Esta apócema é a Fórmula 86. Facedor de ratos de acción retardada.
Ideas secundarias: As bruxas estaban moi emocionadas coa apócema, As bruxas repetían todo o que a Gran Bruxa ía dicindo, As bruxas tiñan que mercar tendas de caramelos…

nº3 O título fala da nova fórmula. A fórmula 86, que non produce efectos inmediatos, se non que vai liberando o seu poder, paseniñamente, para que ninguén poida adiviñar que foron os caramelos, mercados nas tendas das bruxas, os que transformaron os nenos en ratos.

nº4 Resposta libre.

n.º5
Comparación:
As súas horribles voces eran coma un coro de tornos de dentistas renxendo uns contra outros.
Metáfora:
As súas horribles voces eran un coro de tornos de dentistas renxendo uns contra outros.

nº6 Indicade que recurso expresivo se empregou nas frases seguintes:

  • A fórmula 86 pensa acabar con todas as criaturas da terra Personificación
  • As paredes da sala de reunión non saían do seu asombro  Personificación
  • O silencio acollía as horripilantes palabras da Gran Bruxa  Personificación
  • A voz da Gran bruxa abrazaba as ilusións do seu público  Personificación
nº7 Resposta libre

nº8 Resposta libre


MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POLO VOSO ESFORZO. ESTAMOS MOI

 ORGULLOSAS DE VÓS.

domingo, 19 de abril de 2020

LUNS 20 DE ABRIL.

Bo día, hoxe é festivo local en Redondela, polo que non subiremos ningunha tarefa. Descansade!

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...