DESEXÁMOSVOS UN FRUCTÍFERO DÍA, CHIRIBITEIR@S!
“ O que sube unha escaleira ten que empezar polo primeiro chanzo” w. Scott). E iso é o que imos facer nesta tarefa programada para hoxe e centrada na Unión Europea ( U E).
PRIMEIRO CHANZO:
a) Define as palabras seguintes,empregando o dicionario: PLANETA, CONTINENTE, PAÍS, COMUNIDADE AUTÓNOMA, PROVINCIA, CIDADE E VILA.
b) Sitúa as palabras do exercicio anterior nesta pirámide, tendo en conta a súa extensión.
c) Situamos no planisferio os seis continentes e os océanos que os bañan.
Se queredes escribir na imaxe podedes usar o Paint. Os pasos serían os seguintes:
1. Pinchar co botón dereito enriba da imaxe e clicar "Guardar imagen como".
2. Gardar a imaxe nun cartafol ou no escritorio.
3. Abrir o Paint e seleccionar "Nuevo".
4. Arriba a esquerda pinchar en "Menú".
5. Clicar en "Insertar" e buscar a imaxe que acabades de gardar.
6. Cando apareza a imaxe, arriba pinchar en "Texto", na parte dereita podedes seleccionar tipo de letra e tamaño e xa podedes escribir enriba da imaxe.
Ollo! Para colocar os distintos nomes nos continentes e océanos no seu sitio tedes que ir nome por nome, e para poñer unha palabra nova, pinchades na "T" que aparece á dereita cara arriba.
7. Ao rematar, pinchades en "Menú" e seleccionades "Guardar como", para gardar o voso traballo.

d) A que nos referimos cando falamos dun planisferio? E dun hemisferio?
e) Contesta verdadeiro (V) ou falso( F) as seguintes preguntas e corrixe as falsas.
- Os continentes sitúanse no cume da pirámide en relación a organización territorial do planeta.
- Asia atópase situada ao noroeste de Europa.
- No noso planeta está formado por sete continentes.
- Europa limita con Oceanía.
- As cidades e os pobos son as unidades territoriais menores do noso planeta.
- No planeta hai catro océanos.
Agora toca centrarse no noso continente: EUROPA!
OS LÍMITES DE EUROPA
a) Risca os límites que se colaron por error na seguinte lista de palabras: Océano Pacífico, Océano Glacial Ártico, Mar Mediterráneo, Cordilleira dos Andes, Océano Atlántico, Montes Urais, Cordilleira do Cáucaso, Filipinas e Cordilleira dos Andes.
b) Sitúa os límites de Europa no mapa seguinte
c) Consideras que Europa é un continente aillado e pouco definido? Xustifica a túa resposta nun parágrafo ben xeitoso.
d) Sitúa neste mapa o nome dos países polo que está formado o noso continente.
OS PAÍSES EUROPEOS
SITUACIÓN DE ESPAÑA NO CONTINENTE EUROPEO
Lembra que España, Portugal e Andorra forman a Península Ibérica. Unha península é unha extensión de terra rodeada de mar por todas as partes menos por unha.
|
e) Fixándote ben no mapa que acabas de encher, onde está situada España? Cal é a súa superficie?
f) Completa as frases seguintes:
f) Completa as frases seguintes:
- Cal é a illa máis grande de Europa?
- Cal é o país máis pequeno en extensión de Europa?
- Dos cinco continentes do planeta e de menor a maior extensión, que lugar ocupa Europa?
- Que día se celebra o día de Europa? Que feito é o que se celebra?
- Por cantos países está formada Europa?
- Que accidente xeográfico separa Europa de Asia?
PARA QUE REPASEDES OS PAÍSES DE EUROPA, VELAQUÍ UN PEQUENO ENREDO.
Este é un traballo para varios días, ata o martes non voltaremos a pór tarefa, organizádevos con calma. Despois subiremos as solucións para que vos corrixades.
Moito ánimo e a traballar!
Este é un traballo para varios días, ata o martes non voltaremos a pór tarefa, organizádevos con calma. Despois subiremos as solucións para que vos corrixades.
Moito ánimo e a traballar!
AVISO
Mañá as 12 horas teremos unha videoconferencia
cada clase coa súa titora. Será por Webex como a
última vez, na entrada de mañá recordarémosvos
como tedes que facer para conectarvos.
cada clase coa súa titora. Será por Webex como a
última vez, na entrada de mañá recordarémosvos
como tedes que facer para conectarvos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario