BO DÍA A TODAS E A TODOS SEGUIDORAS/ES DE CHIRIBITAS!
Para hoxe temos programada unha tarefa de repaso de ofimática
(competencia TIC’s). O seu obxectivo fundamental é repasar como crear un documento de texto, enviar un correo e adxuntar ao correo un documento ou unha imaxe .
(competencia TIC’s). O seu obxectivo fundamental é repasar como crear un documento de texto, enviar un correo e adxuntar ao correo un documento ou unha imaxe .
Para levar a cabo esta tarefa temos que botar man do relato do autómata que temos no caderno, pois imos crear con el o noso documento de texto. Os que non fixerades o autómata facedes unha narración de temática libre.
RECORDAMOS os elementos básicos dun bo relato:
- Debe ter as tres partes fundamentais ben definidas: inicio, no e desenlace.
- Vocabulario: variado e acorde ao texto.
- Ortografía: ollo con como se escriben as palabras e os signos de puntuación.
- Coherencia: debe ter sentido.
- Cohexionado: o relato debe estar fiado, non poden ser ideas soltas.
- Extensión: arredor de 200 palabras.

EMPEZAMOS…
DOCUMENTO DE TEXTO
(No ordenador tedes un destes dous programas que funcionan dun xeito parecido).
O primeiro que temos que facer é clicar sobre a icona que teñamos instalada. Ao clicar vaivos aparecer unha páxina en branco na que podemos empezar a escribir. Tamén pode pasar que ao clicar se abra un documento que xa tiñamos no ordenador. Non pasa nada...
O que temos que facer é o seguinte: miramos a parte de arriba- esquerda do ordenador, pinchamos na icona e imos a novo documento de texto e xa vos aparece a páxina en branco
O segundo que temos que facer e elixir o tipo de letra e o tamaño da mesma pinchando no recuadro azul, como indica a imaxe.
O terceiro que temos que facer é escribir o título e centralo como indica esta imaxe. Evidentemente o título sempre vai en letra máis grande que o resto do texto. Para cambiar o tamaño de letra, seleccionamos o título co rato e pinchamos no tamaño de letra.
Seleccionamos ó título para centralo.
Esta icona é para centrar
Xa estamos listos para para escribir unha liña e media. Cando a teñamos escrita seleccionámola co rato e dámoslle a icona de xustificar. Xa podemos escribir todo o texto. SEGURO QUE VOS VAI QUEDAR ESTUPENDO!
Icona de xustificar
UN BO CONSELLO: cando teñades escritas unhas cuantas liñas dádelle a gardar. Para gardalo tedes que poñerlle un título de identificación e un sitio de colocación (escritorio ou un cartafol).
Como gardar?
Imos á parte de arriba-esquerda do ordenador e buscamos arquivo, clicar, gardar como.
Aparece este diálogo. Poñede título para identificalo e un sitio para localizalo, que pode ser o escritorio ou un cartafol que teñades creado anteriormente. Xa está gardado no ordenador, pero...
Cada pouco tempo ídelle dando a gardar nesta icona. Deste xeito non perderedes o que tedes escrito se se vai a luz ou pinchades onde non debedes…
Finalmente podemos poñelo aínda máis xeitoso, dándolle cor a letra e tamén recheo as palabras que nos interesen.
Só temos que seleccionar co rato a parte que queremos cambiar e pinchar nestes dúas iconas. Cando o texto estea rematado volvemos a darlle a gardar.
LISTO!
Os documentos de texto que fagades poden estar arquivados en cartafoles. Para crear un cartafol pinchamos en calquera sitio do escritorio novo cartafol- clicamos botón dereito do rato e poñemos nome ao cartafor creado.
AGORA QUE XA SABEDES COMO SE FAI… MANS Á OBRA!!!
AVISO
Mañá xoves teremos unha videoconferencia a través de webex. Para entrar tedes
que facer o mesmo que coa profe Ángeles. Na entrada de mañá xa vos volvo a
explicar o proceso por se alguén o necesita.
que facer o mesmo que coa profe Ángeles. Na entrada de mañá xa vos volvo a
explicar o proceso por se alguén o necesita.
Horario:
- 6ºA ás 11:30.
- 6ºB ás 12:15.
Nesta videoconferencia trataremos temas relacionados co Consello de Infancia.
Ide pensando que vos parecen as accións realizadas polo Concello durante esta
crise e que pareceres ou propostas queredes que lles transmitan os vosos
representantes á alcaldesa e a concelleira na videoxuntanza que terán a semana
que vén.

No hay comentarios:
Publicar un comentario