XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO, CHIRIBITEIROS/AS!
E TRAEMOS MÁIS TAREFA.....
A tarefa de hoxe é moi divertida, ou polo menos, esa é a nosa intención. Consiste en UNIR O ESLOGAN CO DEBUXO. Como sempre podemos facelo de dous xeitos:
A) Como se fixo dende sempre, collendo o debuxo en papel e escribirlle o eslogan.
B) Empregando as novas tecnoloxías, é dicir, empregando unha aplicación.
En ámbolos dous casos, o máis importante é que consigades unha boa proporción entre debuxo e texto do eslogan, ou sexa, que o eslogan deixe ver ben o debuxo e que o debuxo deixe ver ben o eslogan. O mellor é que exista un equilibrio entre eslogan e debuxo.
PARA OS QUE SE ANIMEN A EMPREGAR A APP, déixovos o mini titorial gráfico.
NOME DA APP PicCollage
A súa descarga é gratuita e pódese traballar nela offline. Unicamente precisades conectarvos cando a descarguedes ou queirades subir un traballo á nube.
MODO DE EMPREGO…
Como case a maioría das apps, é moi sinxela de usar:
Abrimos a app e dámoslle a empecemos. Aparecen todas as fotos que tedes na galería (carrete) dámoslle a saltar e xa estades no voso proxecto. Prememos o botón máis e sae este cadro de diálogo
Tocades en foto para importar a vosa foto do Coronavirus. Se non vos sae, facede o seguinte: ir a Paint Free e dádelle a gardar en “Close whithout saving,saides e dádeslle en " Share". Saen dous iconos de PicCollage, clicade aí. Se aínda non vos aparece o debuxo, repetida a operación varias veces, ou reiniciade a tablet.
Seleccionar debuxo, aparece debuxo con fondos de Paint Free, saltade e chegade a pantalla branca, pulsades en máis fotos e xa tedes o voso debuxo. Aperece pequeno, pero deslizando as mans podedes agrandalo todo o que queirades.
Cando pulsades sobre un debuxo ou imaxe aparecen varias funcións: duplicar,corta, eliminar...
Este debuxo está duplicado. As réplicas do debuxo ou imaxe tamén se poden duplicar.
Agora podedes poñerlle o eslogan. Para facelo tedes que clicar en máis e no círculo de texto vaivos aparecer o que está na imaxe. O texto pódese poñer todo xunto, palabra por palabra ou letra a letra. Tamén se pode mover e facer máis grande ou máis pequeño. O máis importante é que experimentedes, se sae mal dádeslle a desfacer. Se queredes cambiar algo, pulsade sobre el para editalo. Cando rematedes pulsades en listo e gardádeo no ábum. A vosa obra aparece en Mis Collages.
Tamén vos deixamos un vídeo por se aínda vos quedou algunha dúbida.
Como usar Pic collage.
Queremos que aproveitedes este tempo para aprender a facer as actividades doutra maneira. Ao principio xa sabemos que vos vai custar máis, pero unha vez que "fuchiquedes" nas aplicacións e aprendades a usalas, poderedes utilizalas noutras ocasións. Ademais para vós iso de andar en aplicacións é coser e cantar non si?
Tedes unha semana para facer a tarefa e enviárnola ao correo.
XA ESTADES LISTOS. MANS A OBRA PORQUE ESPERAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!!!







No hay comentarios:
Publicar un comentario