BENVIDOS DE NOVO, CHIRIBITEIRAS E CHIRIBITEIROS!
Despois de investigar a publicidade e as empresas de publicidade, despois de sabelo todo, ou case todo, sobre os virus … rematamos este RETO CREATIVO investigando sobre A ARTE. Como moitos de vós nos contabades nas vosas respostas, un publicista que se precie ten a obriga de estar atento a todo o que pasa ao seu arredor. Emporiso, coñecer as principais obras artísticas ao longo da historia, así como os seus creadores, é fundamental. Nós imos centrar a investigación na arte española, centrándonos nas denominadas artes maiores (PINTURA, ARQUITECTURA) e nos movementos literarios (ROMANTICISMO E REALISMO).
UN, DOUS, TRES...EMPEZAMOS!
1.- MOVEMENTOS ARTÍSTICOS (LITERAURA):
A) Busca información sobre o movemento romántico e escribe un texto expositivo que conteña a seguinte información: concepto de romanticismo, onde e cando se orixinou, temas empregados, expresións artísticas e os principais escritores españois románticos.B) Busca información sobre o movimiento realista e escribe un texto expositivo que conteña a seguinte información: concepto de realismo, onde e cando se orixinou, temas empregados, expresións artísticas e os principais escritores españois considerados como realistas polo seu xeito de escribir.
2.- ARQUITECTURA:
Escribe ao lado de cada unha destas xoias arquitectónicas españolas os seguintes datos: data de inicio e de finalización da obra, etapa da historia na que foi construída, arquitecto que a deseñou, estilo arquitectónico e a provincia española na que se atopa.
a) ALHAMBRA
b) CATEDRAL DE SANTIAGO
c) CATEDRAL DA NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN TAMÉN CHAMADA…
d) MOSTEIRO DO ESCORIAL
e) MURALLAS DE LUCUS AUGUSTI
f) CATEDRAL DE BURGOS
g) PAZO REAL DE MADRID
h) ACUEDUCTO DE SEGOVIA
i) A SAGRADA FAMILIA
Para rematar sitúa estes edificios nunha LIÑA DO TEMPO, dende o máis antigo ao máis moderno.
3.- PINTURA:
Neste popurrí de datos, relaciona cada pintor coa súa obra, o movemento artístico, o ano e museo no que se atopa:Francisco de Zurbarán - Francisco José de Goya - Joan Miró - Pablo Ruíz Picasso - Doménikos Theotokópoulos - Diego Rodríguez de Silva y Velázquez - Bartolomé Esteban Murillo - Joaquín Sorolla Bastida.
Inmaculada de Soult - As bágoas de S. Pedro - As meninas - Levantamento do dous de maio -Paseo ao borde do mar - O Guernica - O Galo - San Lucas como pintor, ante Cristo na Cruz.
Barroco - Romanticismo - Manierismo - Cubismo- Surrealismo- Costumbrismo.
(1.678) - (1.580-1.586) - ( 1.808) - (1.656) - ( 1.937) - ( 1.940) - (1.909) - ( 1.630-1.639)
Museo do Prado - Bowes Museum - Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía - Destino descoñecido, comprador descoñecido - Museo Sorolla.
Cando rematedes, elixide o cadro que máis vos impresionou e comentade o por que da vosa elección.
Tedes unha semana para facer este traballo, cando rematedes enviádenolo ao correo.
ESPERAMOS QUE POÑADES TODO O VOSO ESFORZO E ILUSIÓN NESTA TAREFA. CONTAMOS CON ISO.
SENTÍMONOS MOI ORGULLOSAS POLO TRABALLO QUE ESTADES A DESENVOLVER CADA UN DE VÓS!!!
SENTÍMONOS MOI ORGULLOSAS POLO TRABALLO QUE ESTADES A DESENVOLVER CADA UN DE VÓS!!!
Hola,queria dicir unha cousa,(non e por mal nin por ben)digoa aqui xa que e unha opinion.
ResponderEliminarPareceme xenial que poñades traballos de buscar informacion etc,pero eu digo que se queredes poñer traballos,poñades unha semana si,outra semana non,con isto quero dicir que poñades unha semana un traballo e outra semana exercicios de matematicas,lingua,lengua.Eu so digo esto,porque tamen temos traballo de relixion,de ingles e de musica,enton (polo menos a min)saturanseme as tarefas e os traballos,asi que so pido que haia traballos unha semana si,unha semana non,a semana que non haia traballo xa o dixen antes,podedes poñer exercicios de calquera materia.
Moitas grazas polo seu comentario. Teremos en conta as súas observacións.
ResponderEliminarUn saúdo.
De nada,so era para poñer a miña opinion,moitas grazas a vos tamen pola vosa atencion,e perdon polas molestias,bicos.
ResponderEliminar