domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFA 25 DE MAIO.



BO DÍA A TOD@S @S NOS@S CHIRIBITEIR@S!

HOXE TEMOS DE PRATO PRINCIPAL: LINGUA GALEGA

1.- Le con atención o texto seguinte:



Eu mesmo tiven dous encontros distintos con bruxas antes de facer os oito anos. Do primeiro escapei sen dano, pero na segunda ocadión non tiven tanta sorte. Acontecéronme cousas que probablemente, te fara´n berrar cando as leas. Non se pode remediar. Hai que contar a verdade. O feito de que aínda estea aquí e sexa quen de contarcho débese enteiramente á miña marabillosa avoa.

A miña avoa era norueguesa. Os noruegueses sáben todo o tocante ás bruxas porque Noruega, cos seus escuros bosques e as súas xeadas montañas, é o país de onde viñeron as primeiras bruxas. O meu pai e a miña nai tamén eran noruegueses, pero como o meu pai tiña un negocio en Gran Bretaña, eu nacín alí vivín e comezara a ir a unha inglesa. Dúas veces ao ano, no Nadal e máis no verán, volviamos a Noruega para visitar á miña avoa. Esta vella muller, polo que puiden saber, era a única parente viva que tiñamos polas dúas partes da miña familia. Era a nai de miña nai. E eu adorábaa. Cando ella e máis eu estabamos xuntos falabamos en noruegués ou en inglés, non importaba en que. Nós dominabamos ben ámbolos dous idiomas, e teño que admitir que me sentía máis achegado a ella ca á miña nai.

Pouco despois de facer eu os sete anos, os meus pais leváronme, como era costume a pasar as festas de Nadal coa miña avoa en Noruega. E foi alí onde, nunha carretera de Oslo, o noso coche patinou e os meus pais matáronse. Eu só recibín un corte na fronte.
(…)

Ao día seguinte, para esquecernos da nosa tristura, a miña avoa púxose a contarme historias. Ela era unha marabillosa narradora de contos e eu estaba fascinado por todo o que contaba, pero emocioneime de verdade cando sacou o temoa das bruxas:

_ E isto realmente verdade, avoa? De veras é realmente a verdade?
_ Queridiño- dixo ela- non durarás moito neste mundo se non sabes como recoñecer a unha bruxa en canto a vexas.
_ Pero ti dixéchesme que as bruxas parecen mulleres normais, avoa. E logo, como fago para descubrilas?
_ Tes que escoitarme- dixo a miña avoa- Tes que lembrar todo o que che diga. Despois só tes que facer o sinal da cruz sobre o teu corazón, pregarlle ao Ceo e agardar o mellor.
(…)
_ Xúrasme que non me estás a tomar o pelo? Xúrasme que non estás finxindo?
_ Escoita, coñecín polo menos cinco nenos que desapareceron, as bruxas leváronno.
_ Aíndo penso que estás tentando asustarme.
_ Estou tentando asegurarme de que ti non sigas o mesmo camiño. Quérote e quero que quedes comigo.
_ Fálame dos nenos que desapareceron -dixen.

                                                                           Roald Dahl “AS BRUXAS”
                                                                               Ed. Xerais – Xabarín

2.- O autor dunha obra literaria, dun texto, dun poema...crea un mundo imaxinario onde calquera tema é posible: o amor, as viaxes, o paso do tempo… Saberías dicir cal é o tema do texto que acabas de ler? Agora ponlle un título ao texto.

3.- Resume o texto, coas túas palabras e frases, empregando o estilo indirecto. Non aceptamos resumos moi breves. Ten que ter alomenos tres parágrafos de cinco liñas cada un.

4.- Inventa ti a historia dos cinco nenos desaparecidos ( lugar no que desapareceron, quen os fixo desaparecer, onde poden estar…). Deixa voar a túa imaxinación. Nas historias e só nas hstoria todo pode ser posible.

AS SIGLAS E AS ABREVIATURAS  
           
AS SIGLAS son palabras formadas polas primeiras letras doutras
palabras. Escríbense con MAIÚSCULA e pódense ler:
    Silabeando: ESO ( e-so) 
    Letra a letra: ITV( i-te-uve)
As siglas que se len como unha palabra, silabeando, chámanse 
ACRÓNIMOS: ESO, ANPA

A abreviatura consiste en escribir só a primeira letrae as veces 
algunha das que seguen, dunha palabraEscríbese case sempre seguida de punto: D. (don) avda. (avenida). Algunhas abreviaturas
non levan punto. Son os símbolos internacionais, como as medidas de lonxitude, peso, moedas, puntos cardinais...
                                     
5.- Inventa unha siglas para a túa clase e para un congreso de bruxas verdadeiras.

6.- Explica a que palabras se refiren as siglas seguintes: AVE, PC, DNI, ATS, BOE, DOG, FENOSA, FMI, OMS e COI.

7.- Indica que siglas corresponden aos seguintes enunciados:
  • Centro Dramático Galego 
  • Global Position System
  • Short Message Service
  • Real Academia Galega
  • Unión Europea
  • Formación profesional
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Dirección Xeral de Tráfico
8.- Fíxate no exemplo e completa o significado das seguintes abreviaturas.

       Ed. editorial        cm          páx            Sra             N             prep.
       adv.                     esq.          etc.            S                tel         Vde
       t                           $               km            €                art.       aprox.


9.- Di cales das abreviaturas anteriores son símbolos e completa con elas o cadro seguinte:

MEDIDAS
PUNTOS CARDINAIS
MOEDAS






10.- No texto aparece a palabra norueguesa que é un xentilicio, é dicir, unha palabra que indica o lugar de nacemento de alguén. Investiga e indica o nome do país ao que corresponde cada bandeira. Escribe tamén o seu xentilicio ( masculino e feminino).











PAÍSES:
Noruega, Romanía, Reino Unido da Gran Bretaña, Turquía, Ucraína, Suecia, Suíza, Serbia, Países Baixos, Polonia, Portugal, Luxemburgo, Mónaco, Moldavia, Islandia, Grecia, Italia, Francia, Bélxica, Dinamarca, Austria, Alemaña, Birmania (Myanmar), Botsnia- Herzegovina, Macedonia, Albania, Lituania

XENTILICIOS:
birmano/a, noruegués/esa, austríaco/a, turco/a, belga, myanma, alemán/á, helvético, grego/a, islandés/esa, italiano/ana, ucraíno/a, portugués/esa, holandés/esa, albanés/esa luxemburgués/esa, neerlandés/esa, moldavo/a, británico/británica, suizo/a, sueco/sueca,, francés/esa, lituano/ lituana, andorrano/ana, macedonio/a.


Cando rematedes as actividades, enviádeas ao noso correo.

Moito ánimo!












                 














































































3 comentarios:

  1. Eu vin a pelicula deste libro,e moi chula. :)

    ResponderEliminar
  2. porque deixades un espacio grande ao final da redactación dos exercicios?

    ResponderEliminar

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...