martes, 14 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS


BENQUERIDAS/OS RAPAZAS/CES DE 6º:

Cómpre que antes de comezar a traballar vos expliquemos o xeito de levar a cabo dito traballo. Pois ben... Imos aló!

Lede con moita atención os puntos seguintes: 

  1. Diariamente aparecerán no noso blog “Chiribitas” unha serie de tarefas relacionadas coas diferentes asignaturas que impartimos como titoras. Tedes que realizalas no caderno correspondente a cada asignatura (os que non o teñan poden facelas noutro caderno). É necesario que fagades as tarefas no mesmo día.

  2. A corrección das tarefas subirémola tamén ao blog, sempre uns días máis tarde para que vos dea tempo a ter todo a punto para a súa corrección. Mais... non subiremos a corrección de todas as tarefas propostas. Solicitaremos que nos enviedes algunhas  por correo electrónico para que poidamos supervisar o traballo que estades a desenvolver.

  3. Non vos esquezades de realizar as vosas tarefas “ Ben limpiñas”, é dicir, con letra uniforme, ortografía axeitada (uso dicionario), sen tachóns, estruturación do espazo…Asimesmo é moi importante tamén que busquedes un sitio na casa onde poidades facer ditas tarefas ben concentrados, sen ruídos, sen tele, sen aparellos electrónicos que vos poidan distraer..
AVISO IMPORTANTE


Seguro que hai algúns entre vós que se lles ocorrerá copiar 
unicamente os enunciados dos exercicios e, cando as titoras, 
subamos as correcións completalos e...listo. Pois non! Porque
podemos pedir, por sorpresa, que enviedes por correo electrónico, toda ou parte dalgunha das tarefas que esteades a levar a cabo nese momento para botarlle unha ollada. Contade con iso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...