domingo, 26 de abril de 2020

TAREFA 27 DE ABRIL.

PUBLICISTAS(II)

UN CALOROSO SAÚDO PARA TODOS E TODAS!!!

Como publicistas adxuntos á área creativa da vosa empresa de publicidade, a tarefa que tedes encomendada hoxe lévavos a desempeñar o voso labor noutro departamento, concretamente no departamento de DESEÑO GRÁFICO. Pero antes, como ben sabedes, ides procurar un chisco de información para que poidades realizar o voso traballo dun xeito máis preciso. É NECESARIO QUE SAIBADES TODO SOBRE OS VIRUS!

Para empezar, deixámosvos este cuestionario para que o contestedes (búsqueda básica), logo cada un de vós pode seguir investigando sobre estes seres para mellorar seu deseño gráfico.

CONTESTADE POÑENDO MOITA ATENCIÓN!!! 
Responde no teu caderno, elixindo a resposta ou respostas máis axeitadas.
1.-Que significa a palabra virus? a) enfermidade b)veleno c) toxina d) inimigo.
2.-Os virus son uns organismos considerados: a) axentes infecciosos b) unicelulares c) acelulares d) microscópicos.
3.-Empregando as palabras do exercicio anterior completa a frase seguinte:“ Os virus son ...”
4.-Estes organismos poden infectar a outros seres como... a) animais b) persoas 
c) bacterias d) protistas.
5.-Tipos de virus: a) coronavirus b) rinovirus c)rotavirus d)adenovirus.
6.-Cantos virus foron descritos? a)+ de 5 b) + de 500 c) + de 5000 d)+ de 50.000
7.-Os rinovirus son os causantes de/a: a) arrefriado común b) gripe c) rabia d) tose.
8A rama que estuda os microorganismos é a microbioloxía, pero como se chama a rama que estudia os virus… a) xeoloxía b) bioloxía c) viroloxía d) microbioloxía.
9.-Que formas poden adoitar os virus? a) sen forma b) esférica c) alongada d) redonda
10.-Que tipo de infeccións poden causar os virus? a) gastrointestinais b) hepatite A c) herpes d) ningunha das tres respostas anteriores é correcta.
11.-En que consiste un vector de transmisión? a) nunha frecha matemática b) un 
debuxo c) un axente que transporta un patóxeno d) un axente.
13.-Que lles pode servir aos virus como vectores de transmisión? a) animais b) o aire c) insectos d) calquera das tres respostas anteriores é correcta.
Para rematar esta investigación…
A)Un morcego sabes o que é pero un pangolín? Cres que estes animais poden ser posibles vectores de transmisión? Explica brevemente a túa resposta.
B)Escribe un breve texto do ciclo reproductivo dos virus.
C)Explica que é unha vacina e escribe o nome de tres científicos/as coa vacina que desenvolveron para curar unha enfermidade.

Estamos seguras de que agora sabedes moitísimo máis sobre os virus, PERFECTO!
Pois agora toca a segunda parte do traballo: DESEÑO GRÁFICO
A tarefa de deseño gráfico consiste en que fagades UN DEBUXO que acompañe ao eslogan que cada un de vós creou na sesión anterior.
POÑEDE TODO O VOSO EMPEÑO EN LEVALA A CABO E... GARDÁDEA BEN PORQUE A IDES A EMPREGAR NA VINDEIRA SESIÓN DE TRABALLO DA TAREFA “PUBLICISTAS”.


PARA LEVAR A CABO DITO DEBUXO PODEDES ELIXIR ENTRE ESTAS DÚAS OPCIÓNS:

PRIMEIRA OPCIÓNfacer o debuxo ao modo tradicional, é dicir, empregando papel, lapis e cores( rotuladores, ceras, témpera...)
SEGUNDA OPCIÓN: facer o debuxo empregando unha aplicación concretamente a app Paint Free.

PAINT FREE



Esta aplicación de debuxo é gratuita. Podedes traballar nela sen necesidade de conexión a Internet, unicamente precisades de conexión para descargala ou para subir os vosos debuxos á nube. Ademais, é moi sinxela e intuitiva. Para que vos sexa máis doado, déixovos este mini titorial gráfico.
               



Para empezar novo debuxo





                      A barra de ferramentas, se tocades enriba xa vos sae a función de cada unha.



  Os vosos debuxos quedarían gardados desde xeito.





CONSELLOS:

1.-Para comezar o debuxo é mellor que lle fagades un marco (pasade o dedo polo borde do espazo que tedes para debuxar).
2.-As liñas do debuxo teñen que estar pechadas, se non o caldeiro de recheo vaivos facer cousas raras é dicir, o caldeiro funciona cando tedes o espazo a encher ben pechado.
3.-Empezade o debuxo e gardalo canto antes, non esperedes a rematar, porque corredes o risco de perdelo. Seguide esta rutina: empezo debuxo, gardo; continúo debuxo, gardo; sigo completando o debuxo, gardo; remato o debuxo, gardo. 

SE SEGUIDES ESTES CONSELLOS NON IDES TER NINGÚN PROBLEMA Á HORA DE FACER AS VOSAS OBRAS DE ARTE. CONTAMOS CON ELAS !!!


Tedes unha semana aproximadamente para que floreza eses artistas que levades dentro e facernos chegar a vosa creación.

MOITO ÁNIMO E GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E TRABALLO!











No hay comentarios:

Publicar un comentario

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...