PUBLICISTAS!!! (I)
Que tal o levades, rapaz@sde Chiribitas!
Hoxe a tarefa proposta é a seguinte:
“CREACIÓN DUN ESLOGAN SOBRE O CORONAVIRUS”
Empregando a variña máxica da que dispoñemos como titoras ( iso si, só para ocasións moi especiais) ímosvos converter en PUBLICISTAS! Mais... a nosa variña máxica ten un pequeno inconveniente... precisa dun chisquiño de entusiasmo pola vosa parte, non obstante, ese entusiasmo, do que estamos seguras que posuídes en grandes doses, dará uns froitos incribles. Agora que xa estades preparados, empezamos...
1.-Un publicista ten a obriga de coñecer ben a axencia para a que traballa, así que é necesario que busquemos información arredor das empresas españolas, ou doutros países que teñan sedes en España, que se adiquen a publicidade. Despois responde no teu caderno.
a)Escribe o nome das axencias españolas que atopaches.
b)Busca o significado das seguintes palabras relacionadas coa publicidade: axencia, axente (de publicidade), heraldo, crear, programar, executar, campaña, eslogan e márketing.
c)Constrúe unha frase con cada unha das palabras anteriores (que sexa longa).
d)Escribe un pequeno parágrafo xustificando se as axencias de publicidade son ou non, unha empresa. De ser unha empresa, que tipo de empresa sería? A que sector de poboación pertencerían os seus empregados?
e)Agora que xa chegachedes ata aquí elixide a vosa axencia de publicidade xa que vos imos a contratar para o equipo de medios da nosa empresa (FREBA SA), concretamente para A ÁREA CREATIVA
2.-Un publicista que se precie debe coñecer ben o seu traballo: a publicidade- Canto sabedes vós de publicidade? Para saber un pouco máis investigade e contestade no caderno:
a) Cal é o seu obxectivo fundamental?
b) Cando se debe empregar a publicidade?
c) Que vantaxes ten para unha empresa?
d) Que é a publicidade offline e online? Que tipo de soporte emprega cada unha? Pensa nas distintas empresas que temos estudado e adxudícalle un tipo de soporte, segundo o tipo ou a necesidade de cada empresa. Se non vos lembrades podedes facer uso da publicidade que tedes ao voso alcance: tele, folletos... fíxate nos distintos anuncios e vai clasificando ( aproveitade para analizar cada un dos anuncios, logo ides ter que facer algo semellante).
3.-Un bo publicista, ademais de estar preparado ten que crear, pero antes de crear imos ver cales son as cualidades que temos que desenvolver para ser un bo publicista:
DARÁS UN ESTUPENDO PUBLICISTA SE LOGRAS TER...
😪Sensibilidade...para emocionarte ante os sentimentos dos demais e a beleza.
👀Curiosidade...para buscar as mellores respostas e/ou solucións.
💫Creatividade...para atopar solucións adaptadas a cada persoa.
😓Persistencia...para lograrosteussoños.
😝Disciplina...para investigar, traballar e dar o mellor de unmesmo.
😖Organización...para que o teu traballo quede ben feito e teña sentido.
💃Ser un artista...pois a cultura forma parte do noso día a día.
👌Competencia dixital...para poder chegar a todo tipo de público.
RECURSOS PARA UN BO PUBLICISTA
Figuras retóricas como:metáfora, comparación, personificación... imos ver que tal andades de figuras literarias.
As figuras literarias utilízanse coa intención de conmover, emocionar e espertar o interese do lector enriquecendo e engalanando a expresión, serven para adornar as palabras.
A comparación é un recurso que está moi presente non só na linguaxe literaria senón que é habitual na linguaxe cotiá, incluso é un dos procedementos máis rendibles na fraseoloxía.
As figuras literarias utilízanse coa intención de conmover, emocionar e espertar o interese do lector enriquecendo e engalanando a expresión, serven para adornar as palabras.
O SÍMIL OU A COMPARACIÓN.
Non sempre que queremos
describir algo atopamos o adxectivo adecuado, ás veces mesmo nin existe na
lingua, pero o que si temos sempre é a posibilidade de comparar unha cousa con
outra que se lle asemelle e desta maneira deixar claro o que queremos dicir.
Fíxate na seguinte frase “Escribir
un poema é como facer un rego no que sementar palabras”; hai moitos
adxectivos que poderiamos aplicar para definir a actividade de escribir
(difícil, arriscado, comprometido...) pero ningún deles recolle a totalidade do
que queremos dicir, porén isto conséguese a través da comparación que
acabamos de establecer onde se poñen de manifesto reflexións como: o esforzo, a
esperanza, o compromiso, o respecto pola terra...A comparación é un recurso que está moi presente non só na linguaxe literaria senón que é habitual na linguaxe cotiá, incluso é un dos procedementos máis rendibles na fraseoloxía.
Fíxate:
Dise que “Alguén está coma un garabullo” (delgado), ou “coma un odre” (gordo), que “alguén fai coma quen oe chover” (faise o despistado), dicimos que “alguén come coma un paxariño” (é pouco comedor) ou que “come coma limas” (que come moito e de todo), dise que “alguén traballa coma un burro” (arreo)...
Para realizar unha comparación guiámonos polo seguinte esquema:
- TERMO REAL
(a cousa que se describe)É/ ESTÁCOMOTERMO IMAXINARIO
(aquilo co que se compara)COMATAL QUESEMELLA/ PARECE
A METÁFORA
É un procedemento que se parece ao anterior en canto a que tamén se establece unha relación entre dous elementos que teñen semellanza mais, a diferenza daquel, aquí non se produce unha comparación senón que directamente se substitúe a palabra por aquel elemento co que ten o parecido.
Así por exemplo, podemos imaxinar que as fachadas das casas son coma as caras das persoas e que, polo tanto, teñen ollos (as ventás) e incluso boca (a porta). A partir de aquí construímos a metáfora, e podémolo facer de dúas formas:
metáfora impura:os dous elementos (o real e o imaxinario) aparecen na frase: as ventás son ollos que miran o mundo.
metáfora pura: só aparece o elemento imaxinario: ao chegar a noite, a cidade chiscaba os ollos.
Tamén as metáforas son procedementos que se empregan habitualmente, non só na linguaxe literaria; a mostra está en que todos usamos expresións coma: ter cara de can, ter cara de lúa chea, comer cos ollos, estar no allo, andar na lúa, ser un bo puntal, ser (algo) todo palla…
A HIPÉRBOLE
Consiste en esaxerar as características dalgún elemento coa finalidade de chamar a atención sobre el (estar cego por alguén, vir voando, ter todo o ouro do mundo...).
É un recurso empregado, sobre todo, na caricatura onde o que se busca é precisamente agrandar os trazos característicos e definitorios dunha persoa (ten orellas de elefante, bota lume polos ollos, o seu pelo é estropallo, é máis ruín ca o demo...).
A PERSONIFICACIÓN
Consiste en atribuír calidades propias dos seres humanos a animais, elementos da natureza, obxectos, ideas... É unha figura que, obviamente, ten rendemento cando a descrición que estamos a facer é dalgún deste tipo de realidades.Ás veces as personificacións aparecen mesturadas con metáforas. No exemplo que utilizabamos para explicar a metáfora (ao chegar a noite, a cidade chiscaba os ollos.) tamén podemos ver un claro exemplo de personificación pois “chiscar os ollos” é algo propio dos humanos.É frecuente utilizarmos este tipo de recursos cando facemos descricións de elementos da natureza: o río baixa cantando, as nubes choran, as montañas agochan o sol, as estrelas sorrín…
1) Busca nos textos seguintes as metáforas e despois explica cal é a relación lóxica que se establece entre os termos e de que maneira se leva a cabo.
Os viaxeiros que percorren o mundo en caravana son caracois coa casa ás costas. Era un frío día de inverno no que as bágoas das nubes enchoupaban os campos.Os dentes, escudo da boca, impedía que nela lle entrase a area que se coaba pola regaña dos seus labios entreabertos.
Decidiu compartir aquel pesado segredo co seu amigo: abriu o seu corazón e deixou saír toda a tristuraque gardaba.Atrás quedaban os recordos das persoas que quería pero a vida seguía: comezou a percorrer o camiño.
Decidiu compartir aquel pesado segredo co seu amigo: abriu o seu corazón e deixou saír toda a tristuraque gardaba.Atrás quedaban os recordos das persoas que quería pero a vida seguía: comezou a percorrer o camiño.
Podes utilizar a seguinte táboa para axudáreste na túa análise:
Metáfora
|
Termo real
|
Termo imaxinario
|
Relación
|
Esquema
|
2)Agora debes ti elaborar frases nas que introduzas metáforas para referíreste aos termos seguintes (podes imitar os esquemas das que se usan no exercicio precedente):
Zapatos
Persoas
Flores nun campo
Un libro
3) Nos seguintes fragmentos de Rosalía de Castro atoparás un exemplo de cada unha das figuras mencionadas (están escritos en negro). Intenta colocar ao lado de cada exemplo o nome da figura a cal se refire, se é unha metáfora, unha comparación, unha hipérbole ou unha personificación. Hai un exemplo de cada figura.
Quíxente tanto, meniña, Unha noite, noite negra Mais ve que o meu corazón
tívenche tan grande amor como os pesares que eu teño, é unha rosa de cen follas,
que para min eras lúa, filla das sombrisas i é cada folla unha pena
branca aurora e craro sol. alas que estenden os medos. que vive apegada noutra.
que para min eras lúa, filla das sombrisas i é cada folla unha pena
branca aurora e craro sol. alas que estenden os medos. que vive apegada noutra.
(.....). (.....). (.....)
4) Investiga que recursos, retóricos ou non, se empregaron nos seguintes eslogans:
“ Me encanta” “ Just Do It” “ Con el cariño de siempre” “ Siempre Coca-Cola”
“ La chispa de la vida” “ Pienso, luego yoigo”
Con todo o traballo que levades realizado, pensamos que xa estades listos para o noso encargo: CREAR O VOSO GRITO DE GUERRA CONTRA O CORONAVIRUS! Por que a estas alturas do traballo xa saberedes que un eslogan é algo así coma un grito de guerra que todos teñen que oír, por suposto, cumplir.
Empresa que solicita o voso traballo: FREBA. SA
Axencia de publicidade: a que vos queirades, pode ser a vosa.
Obxectivo para o equipo creativo: DESTERRAR O CORONAVIRUS DA NOSA VIDA, DO NOSO PAÍS E DO NOSO PLANETA.
TRABALLO PARA ESTE DÍA: como auténticos “copies” cada un de vos vai crear o seu eslogan valéndose da información dada e/ou outros recursos que poida buscar e lle axuden nesta tarefa. Cando o teñades, enviádenolo, por favor. Dispoñedes dunha semana (máis ou menos) para facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario